Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra acolle Pontenarede, o primeiro Congreso sobre a promoción turística a través das Redes Sociais.

Carlota Román destaca o enfoque singular dun evento deseñado poñer en contacto aos expertos Online cos empresarios Offline




O papel preponderante da Internet no sector turístico volverá quedar de manifesto en Pontevedra durante “Ponte na Rede”, o primeiro Congreso sobre a promoción turística a través das Redes Sociais, que organiza a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo.

O evento foi presentado hoxe pola concelleira, Carlota Román; a responsable da empresa “Muéstralo”, Iria Gómez, e un dos relatores do congreso e o experto en Social  Media e “Neuromarketing”, Roberto Pérez Marijuán.
Durante a xornada do venres, 23, e a mañá do sábado, 24, unha ducia de expertos en xestión turística e promoción a través da rede tomarán o micrófono para explicar as súas experiencias no Centro Social de Novagalicia Banco. O congreso está dirixido a profesionais do turismo e a público en xeral ou, en palabras de Pérez Marijuán, a poñer en contacto aos expertos do mundo Online cos empresarios que aínda están Offline.
Carlota Román destacou que o sector turístico é cada vez máis electrónico e, a día de hoxe, a Internet, que comezou como un canal de información, converteuse xa nun canal de contratación directa por parte do consumidor.
Máis de 100 persoas procedentes de toda España confirmaron a súa asistencia, polo que, dado que a sala ten 120 butacas, o cheo para o comezo do evento está garantido.
No apartado de destinos, contaremos en Pontevedra coa presenza do director do Elche Convention Bureau e responsable de “VisitElche”, Raúl Sánchez Tarí, así como de Iñaki Gaztelumendi, anterior director de Turismo de Santiago, e actualmente consultor na empresa “Tangible”.

Falarán das campañas de promoción e dos segredos dos destinos do futuro.
Outra temática xirará ao redor do papel dos profesionais das redes sociais como prescritores de destinos. Clara Soler, blogueira e fundadora de “Turistícate” e José Alcañiz, xerente de de “Buscadestinos”, serán os encargados de abordala.
Joaquín Esparza, director de “Even” e “Sensaciones a la carta”, abordará a espiñenta cuestión de por que as empresas, en lugar de aproveitar as críticas nas Redes Sociais como unha oportunidade de mellorar continuamente, reaccionan con desgusto.

Unha mesa de debate mesturará a profesionais do sector (hoteis, axencias) con profesionais do mundo 2.0. Marisa López, xerente de Turismo de Ferrol, Abilio Álvarez; presidente de Agavi, César Ballesteros, presidente de Asehospo e Francisco Graña, hoteleiro serán os participantes. A moderadora será a concelleira pontevedresa, Carlota Román.

O prato forte chega o sábado coa presenza de Diego Pons, blogueiro, viaxeiro, lutier (vén de arranxar unha guitarra de Silvio Rodríguez) e que ten cobrado fama polo seu sitio web e canal de Youtube “Viajando con Diego”, onde contribúe a posicionar destinos dende unha
perspectiva alternativa.

Carlota Román destacou que o obxectivo deste primeiro congreso “Ponte na Rede” é o de buscar claves para axudar a empurrar do destino Pontevedra na Internet e tamén contribuír a despexar medos e reticencias dos profesionais locais do turismo para poñer a promoción dos seus establecementos no século XXI.

Destacou que hai poucos días que se pechou o congreso do crecemento persoal “Ponte a punto”, que trouxo a Pontevedra a destacados gurús da motivación como Emilio Duró e Eduardo Sánchez (representante en España de “El Secreto”) e xa se está organizando unha nova actividade.

A responsable municipal de Turismo lembrou que a promoción da cidade debe ser unha labor continua, con obxectivos concretos como o turismo de negocios que, ademais de achegar un fluxo desestacionalizado, permite acceder a un mercado de gran repercusión económica, pois calcúlase que cada persoa que participa nun evento destas características realiza un gasto medio diario de 250 persoas.

Finalmente, animou a todos os profesionais dos hoteis, comercio e hostalería local a asistir as ponencias deste “Ponte na Rede”, onde, significou, poderán coñecer iniciativas moi interesantes tanto para a cidade como para os seus negocios.


Visit Pontevedra