Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Chega II Edición do concurso de escaparates con Ponte en nadal

A Concellería de Promoción Económica convoca a segunda edición do concurso de escaparates “Ponte en Nadal”  que se celebrará entre o 30 de novembro e o 15 de decembro




A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo promove a segunda edición do concurso de escaparates, que chega co nome de “Ponte en Nadal”. A iniciativa conta coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental e a asociación
empresarial Aempe.

O certame celebrarase entre o venres, 30 deste mes de novembro e o sábado, 15 de decembro, ambos incluídos. O prazo de
inscrición xa está aberto e remata o día 23 ás 14 horas. A concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota
Román
, explicou que o éxito do anterior concurso de primavera, “Ponte en flor”, animouna a dar o visto bo a esta segunda
edición. Aludiu á necesidade de impulsar actividades que dinamicen o comercio nun momento en que está a padecer medidas tan
lesivas como o incremento do IVE, a liberalización de horarios ou os efectos da supresión da paga extraordinaria aos
empregados públicos.

A concelleira destacou que os escaparates son as ventás da cidade, especialmente nunha como Pontevedra, que aposta polo
peón e a accesibilidade. O comercio local, engadiu, contribúe á calidade de vida e suaviza a frialdade das grandes superficies. Non obstante, subliñou, o comerciante tamén debe ser consciente de que hai que camiñar cara a máxima profesionalización, incluíndo o apartado do escaparatismo.Román concluíu que “Ponte en Nadal” pretende, dende a súa modestia, poñer unha nota de cor nun Nadal que, en canto a ventas, presúmese  gris.

As bases do certame esixen que a decoración dos escaparates inclúa motivos alegóricos ao Nadal, con liberdade de estilo.
Haberá tres premios para os comercios gañadores, dotados con 500 euros, 300 euros e 200 euros e diploma. Os clientes dos
comercios participantes teñen opción a cubrir unha papeleta. De entre as que se depositen nas urnas da Casa da Luz, sortearanse 10 cheques-compra por valor de 20 euros para consumir en establecementos adheridos a Zona Monumental e Aempe. O fallo será emitido por un xurado no que haberá representantes das institucións organizadoras, un xornalista e un 
escaparatista profesional.

16/11/2012

Visit Pontevedra