Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Turismo de Pontevedra presenta la V edición do certame Ponte de Tapas

Xa está aberto o prazo de inscrición (do 8 ao 15 de novembro, ambos inclusive) para os establecementos que queiran participar na V Edición de Ponte de Tapas.







Poderán concursar os establecementos de hostalaría do municipio de Pontevedra, previa inscrición e depósito da tasa de 90 euros, nas datas comprendidas entre o xoves 8 e mércores 15 de novembro.

Participación

Cada establecemento deberá elaborar unha tapa (de xeito tradicional ou creativo). As tapas deberán ser elaboradas con produtos de calidade, sempre mantendo materias primas da gastronomía galega.

Premios


Haberá premios ao “Público” e “Diplomas” como recoñecemento aos establecementos gañadores. Deberase completar correctamente a información requerida no cupón de votación sen lugar a excepcións.

Diplomas “Establecementos”

Unha vez finalice o certame e en función do escrutinio dos votos recibidos, anunciaranse o 1º, 2º e 3º gañador á mellor tapa.

Premios “Público”

Participa co teu voto na elección da mellor tapa e gaña fantásticos premios: turismo experiencial, estancias de fin de semana, turismo rural, vales desconto para compras no comercio local, viaxes e moito máis.

Os premios dicidiraos o público que visite o establecemento a través dos cupóns que se inserirán, unha vez cubertos, nas furnas situadas nos locais participantes, ou na Casa da Luz.

Os datos dos votantes son confidenciais e non serán usados con ningún outro fin. Os consumidores das tapas atoparán nos locais o plano coa ruta de tapeo e os Cupóns de Votación. O sistema de reconto dos votos emitidos polo público (cupóns depositados nas furnas) farase mediante a suma de todos os votos obtidos e dividirase polo número de papeletas válidas depositadas nas furnas.

Fases do concurso

Duración do concurso: Do 23 de novembro ao 9 de decembro, ambos inclusive.

Os establecementos inscritos deberán ter a disposición do público e en cantidade suficiente a tapa coa que participan.

O prezo de cada tapa será de 1,50 € (bebida non incluida) e debe estar dispoñible en cantidades suficientes no horario de 12:00 a 16:00 e 19:00 a 23:30 (excepto o día/s de descanso).

A cada participante entregaráselle un díptico promocional cun plano dos establecementos participantes co cupón de votación,  para que o público introduza os seus votos nunha furna precintada.

Entrega de Premios

Tanto os diplomas dos gañadores, como os premios que se darán ao público, entregaranse nun acto celebrado na Casa da Luz tralo escrutinio dos votos. A organización do concurso encargarase de avisar con tempo suficiente de dito acto.

Pontevedra posúe unha auténtica ruta de tapeo para todos os amantes da boa gastronomía.


08/11/2012

Visit Pontevedra