Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra se promociona como ciudad turística en Barcelona.

Terras de Pontevedra ofrece unha cea a empresarios, profesionais e representantes institucionais relacionados co turismo.




 existencia dun voo directo entre Barcelona e Vigo a través de “Vueling” e o interese estra-téxico de captar turismo catalán, un dos máis habituais nas rúas de Pontevedra, leva hoxe á mancomunidade Terras de Pontevedra a organizar un acto promocional na Cidade Condal.

A actividade, incluída dentro do Plan de Actuación presentado pola concelleira de Turismo, Carlota Román, hai un mes, concretarase esta noite cunha cea con empresarios do sector turís-tico, prensa especializada e responsables da Generalitat, o Ajuntament e Turisme de Barcelona. Está prevista a asistencia dunhas 60 persoas.
O alcalde e presidente da mancomunidade, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira Carlota Román ofrecen nesta cea, no restaurante Dime, un menú consistente nunha fusión da cociña galega e catalá.
A promoción do destino Pontevedra, prestando especial atención tanto ao turismo familiar como ao relacionado cos negocios e poñendo tamén énfase no potencial no noso potencial gastronómico, será o eixe principal. Preténdese aproveitar a oportunidade que xorde da im-plantación directa do voo de “Vueling• para fidelizar clientes actuais e potenciais compradores do destino.
Ao acto asistirán xornalistas relacionados coa gastronomía e o turismo, asociacións e federa-cións de hostelería, axencias de viaxes, organizadores de eventos e de congresos, autoridades locais e, finalmente, representantes de “Vueling”.
A iniciativa enmárcase nas accións que desenvolve a concelleira de Turismo para desenvolver o convenio recentemente asinado coa Secretaría Xeral de Turismo. Neste marco xa se teñen realizado actuacións concretas, como o recente blogtrip (que se saldou cun impacto de case cinco millóns de impresións en Twitter). En canto á promoción en feiras, Román xa asistiu ao MITM Euromed de Granada. Proximamente, Terras de Pontevedra montará stand propio na WTM de Londres, a feira máis importante do mundo no sector turístico.

Visit Pontevedra