Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Curso de Turismo Accesible os días 12 e 13 de novembro no Pazo de Cultura.

O curso esta organizado pola Concellaría de Turismo de Pontevedra en colaboración co Ministerio de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade, e Polibea Turismo.




No mundo hai 650 millóns de persoas con minusvalidez, 120 millóns en Europa, 3.600.000 en España e 365.000 en Galicia. Para satisfacer os dereitos destas persoas, España acolleuse a un protocolo que recoñece os dereitos das persoas con minusvalidez, que obriga o seu cumprimento e supuxo a modificación de 13 Leis en España e os conseguintes cambios nas Comunidades Autónomas. Nesta Lei considérase a accesibilidade e os axustes razoables para que sexa efectiva a participación de todas as persoas con minusvalidez en todos os ámbitos da vida como cidadáns.
A cultura, o ocio e o turismo non deben discriminar as persoas con minusvalidez e as entidades que ofrecen e prestan estes servizos teñen que facer, por lei, os axustes razoables para facilitar a súa participación.

Ademais a participación deste importante colectivo no turismo, supón ademais un forte atractivo para o mercado turístico. O turismo accesible, está considerado como un dos sectores de turismo que máis crecen e que máis van medrar nos próximos anos.

Todos estes temas serán tratados con fondura ao longo dos días 12 e 13 de novembro, no curso de turismo accesible que se impartirá en Pazo da Cultura.
As prazas son limitadas a un número de 35, e a duración será de 9 horas.
Todos os solicitantes poden inscribirse de forma gratuíta dende o 29 de outubro ata o 8 de novembro, mediante un correo electronico ao enderezo info@visit-pontevedra.como, ou chamando ao +34 986 090 890.

Descarga el boletín de inscripcion en formato odt
Descarga el boletín de inscripcion en formato doc
Descarga el boletín de inscripcion en formato pdf



29/10/2012

Visit Pontevedra