Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Turismo de Pontevedra e a D.0. Rías Baixas estudan colaborar na promoción da cidade.

A concelleira de turismo, Carlota Román, negocia a sinatura dun acordo para impulsar conxuntamente a imaxe de Pontevedra e do viño albariño.






A reunión de traballo entre a concelleira de Turismo Carlota Román, o presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil Araújo, e o secretario xeral da entidade, Ramón Huidobro, ten servido para valorar a sinatura dun acordo de colaboración entre as dúas partes co obxectivo de impulsar a promoción turística tanto da cidade de Pontevedra como do viño albariño, como produto representativo e emblemático da capital provincial.
A edil pontevedresa de Turismo ten especial interese en que a sede de Rías Baixas, o Pazo de Mugartegui, acade o protagonismo que hai tempo debería ter acadado, tanto nas visitas guiadas polo Centro Histórico, como pola súa inclusión como sede complementaria de eventos, reunións e congresos.

Pola súa banda, o presidente Gil Araújo, compartiu a idoneidade de asociar o destino Pontevedra coa marca Rías Baixas, polo que haberá unha estreita colaboración coa Concellaría á hora de participar en presentacións, feiras, xornadas, etc.

A maridaxe entre ambas as institucións debe servir para que Pontevedra e Rías Baixas se sitúen como produto e destino de calidade entre os visitantes. A ferramenta para conseguilo será o acordo escrito no que quedará regulado o marco para desenvolver accións específicas de promoción para o ano 2013.

Pontevedra, como capital das Rías Baixas, esta considerada como unha das cidades con maior calidade para o turista, tanto vacacional como de negocio. Neste sentido, o traballo da Concellaría de turismo, que dirixe a concelleira socialista, dirixiuse nos últimos meses a promocionar a cidade entre os principais organizadores e revistas de congresos, colexios médicos, pero tamén cos propios profesionais do sector (hoteis, restaurantes, etc.).

A semana pasada a concelleira presentou oficialmente a Oficina de Congresos de Pontevedra ante todo o sector turístico da cidade, e desexa que neste proxecto tamén estea integrado todo o mundo da enoloxía pola súa importancia cultural e económica.

17/10/2012

Visit Pontevedra