Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Blogtrip de Turismo en Pontevedra.

Terras de Pontevedra prepara a organización dun “blogtrip” para a a promoción da riqueza rupestre da comarca pontevedresa.




A mancomunidade de turismo Terras de Pontevedra está pechando os últimos detalles para a organización dun “blogtrip” con algúns dos principais blogueiros de España especializados en turismo. A concelleira de Turismo, Carlota Román, convocou hoxe aos alcaldes de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez; Campolameiro, Julio Sayáns, e Poio, Luciano Sobral, para darlles conta do programa e a relación de asistentes.
No encontro, que terá como fío condutor a riqueza rupestre da comarca, participarán seis dos blogueiros españois con máis influencia no sector turístico. O programa abrangue un amplo programa de actividades entre o venres, 19 e o domingo, 21.
Está confirmada a presencia de creadores de contidos moi coñecidos na Internet:
  • Miguel Egido Martínez (www.diariodeunmentiroso.com). Sevillano, autor deste blog dedicado a relatos de aventuras polo mundo.
  • Eva Blanco (www.expreso.info). Responsable deste primeiro diario dixital de viaxes e turismo de España.
  • Alfonso López (http://www.recetasderechupete.com/). Galego. Promotor e defensor dos valores gastronómicos da cociña sinxela e das receitas de toda a vida.
  • Carlos Olmo (www.vagamundos.net). Viaxeiro profesional dende o ano 2000 e autor de proxectos de contido viaxeiro e cultural.
  • Mario Schumacher (www.minimacon.com e www.marioschumacher.com). Social Media Manager na Costa Branca. Coñecido viaxeiro 2.0.
  • Fidel Martín (www.fidelmartin.com e www.elturistacultural.com). Social Media. Consultor turístico. Gastrónomo. Viaxeiro dixital.
O programa comeza o venres, 19, coa chegada a Pontevedra. Pola tarde haberá unha visita guiada ao Centro Histórico da Cidade e, á tardiña, unha cata de viños e cea maridaxe na sede no Pazo de Mugartegui, sede da Denominación de Orixe Rías Baixas.
O sábado, 20 a xornada comeza cunha visita ao Mercado de Abastos. Incluirá un traslado en barco ata Combarro, onde se celebrará unha visita guiada. Pasarán polo mosteiro de Poio. Xa pola tarde haberá unha visita guiada nocturna á área arqueolóxica de Tourón.
Finalmente, o domingo, 21 haberá visita ao parque de arte rupestre de Campolameiro.
O “blogtrip” da comarca de Pontevedra xa a está a despertar interese na Rede, onde Mario Shumacher xa ten publicado unha primeira reportaxe sobre Pontevedra. Ademais, a etiqueta #pontevedratrip acadou case 200.000 impresións en Twitter despois de que algúns dos blogueiros comezaran a difundir entre os seus seguidores a celebración do encontro promovido pola Concellería de Turismo de Pontevedra.

10/10/2012

Visit Pontevedra