Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra na XVI edición de MITM Euromed

Turismo de Pontevedra e Terras de Pontevedra participan no MITM Euromed, un dos eventos profesionais máis importantes do sector turístico.




Pontevedra participa esta semana, en Granada, no principal evento turístico español desta época do ano. Unha delegación local está presente, xunto con expositores chegados dende 11 países, na XVI edición de MITM Euromed, feira para profesionais especializados en congresos e viaxes de incentivos.
O Plan Estratéxico de Turismo de Negocios posto en marcha pola concelleira Carlota Román inclúe a presenza neste tipo de eventos, xunto cunha política de promoción activa da oferta pontevedresa, nucleada ao redor da recente creación da Oficina de Congresos.
MITM Euromed ofrece, ata mañá sábado, a posibilidade de contactar directamente, e a través de citas individuais, con empresas corporativas, firmas de incentivos, de mercadotecnia, e or-ganizadores de reunións, eventos e congresos.
O persoal técnico da empresa municipal Turismo de Pontevedra  e da mancomunidade Terras de Pontevedra desenvolveu un intenso calendario durante os tres días do MITM Euromed.
Axencias e touroperadores nacionais como Viaxes Denatravel e Manos Travel mostraron gran interese por Pontevedra e polos destinos incluídos na mancomunidade. Especialmente rele-vante foi a boa acollida na empresa “Sensaciones a la carta”; o seu director Joaquín Esparza, está especializado en turismo de empresas e está considerado como “buscador de tesouros” en destinos semidesconocidos, caracterizados por valores gastronómicos, alta calidade e encanto arquitectónico-cultural.

Tamén se mantiveron reunións con empresas internacionais, como os franceses “Yellow Meeting” ou os rusos “Russkie prostori”, que, aínda vendo o destino moi afastado, comprobaron que as conexións aéreas vía París son excelentes. Así ata 30 reunións profesionais, nas que cada axencia tivo a oportunidade de coñecer de primeira man as potencialidades turísticas de Pontevedra e comarca.

A mancomunidade Terras de Pontevedra, xestionada dende a Concellería que dirixe Carlota Román, xa iniciou outras accións en datas pasadas, como a promoción entre os cruceiristas que chegan ao porto de Vigo, que durará todo este mes de outubro.

Entre as próximas accións atópase tamén un “blog trip” coa presenza en Pontevedra de cinco grandes blogueiros especializados en turismo, como “derechupete” (gastronomía), “vagamundos” ou a revista de turismo Expreso. Todos eles terán a ocasión de visitar Pontevedra, e os principais atractivos da arte rupestre da comarca.
Finalmente, xa se está a traballar nunha presentación en Barcelona para potenciar a imaxe de Terras de Pontevedra grazas a voo directo de Vueling entre Peinador e a capital catalá.
Visit Pontevedra