Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Chega a Pontevedra o Congreso “Ponte a Punto” 2012

No mes de novembro Pontevedra acollera o Congreso Acelerador do Crecemento Persoal “Ponte a Punto”




Pontevedra estrea evento. Cun formato centrado na motivación e o adestramento cara ao éxito persoal e profesional chega a primeira edición do Congreso Acelerador do Crecemento Persoal “Ponte a punto”. Durante  o venres, 16 e sábado, 17 de novembro, as persoas interesadas poderán asistir a relatorios nos que nos invitan a tirar partido do  cerebro, a distinguir entre o importante e o urxente.
O Congreso chega a Pontevedra da man de José Luis Bouzas, xerente da empresa Docensa, despois dos contactos mantidos coa concelleira de Turismo Carlota Román.

A acto de presentación, celebrado hoxe na Casa da Luz, asistiron tamén dous dos ponentes: Juan José Romero Crusat e Roberto Pérez Marijuán.

A pesar de que os emprendedores e directivos de empresa adoitan ser os máis interesados neste tipo de eventos, o Congreso está aberto a todo tipo de público.

Os prezos van dos 95 euros para os colectivos aos 155 euros do prezo xenérico. Os parados e estudantes pagarán 125 euros. Máis información sobre inscricións en www.ponteapunto.es.

Román subliñou que o impacto da noticia da creación da Oficina de Congresos de Pontevedra superou as fronteiras de Galicia e está a significar que varias empresas organizadoras e colectivos profesionais se teñan posto en contacto con seu  . A nova da creación da Oficina de Congresos tivo repercusión nacional en medios especializados como Hosteltur, Expón, Conexo ou Evento Plus, e os resultados comezan a chegar.
O congreso “Ponte a a Punto” conta co atractivo da presenza de Emilio Duró (experto formador en motivación e actitude). A Duró súmanse outros relatores como Roberto Pérez Marijuán, habitual en congresos e conferencias sobre habilidade, e Eduardo Sánchez, representante para España e Latinoamérica do fenómeno editorial “O segredo”.

Na reunión previa á presentación do congreso, a edil socialista agradeceu a aposta pola cidade como sede deste importante evento. Un dos aspectos máis importantes á hora de promocionar a cidade como sede de congresos é apoiar e axudar aos profesionais para atraelos cara a Pontevedra. Unha das súas funcións da nova Oficina de Congresos está precisamente en axudar a presentar candidaturas de sede en colaboración con todo tipo de axentes, sexan empresas organizadoras, colexios profesionais... Outra liña pasa por axudar en todos os aspectos técnicos que un evento deste tipo leva, desde reserva de hoteis, a xestión de espazos, pasando pola loxística de transporte, comunicación ou a montaxe.
Carlota Román lembrou que a pasada semana xa tivo ocasión de presentar, xunto a Víctor Arufe, o congreso sobre Deporte, Alimentación e Saúde “Sportis”, que en 2013 terá como sede a cidade do Lérez.
A concelleira concluíu que poñer en marcha un Plan Estratéxico para a captación do turismo de negocios (MICE) debe ser un traballo serio e continuado, por enriba das anécdotas puntuais. Para elo, lembrou, asistiu á reunión mantida con outros concelleiros de Turismo e alcaldes de toda España con motivo da reunión da asemblea anual do Spain Convention Bureau de Zamora hai dúas semanas.


01/10/2012

Visit Pontevedra