Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Carlota Román participa no III Foro MICE

A concelleira de turismo completará a súa axenda coa asistencia á asemblea do Spain Convention Bureau.




A concelleira de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra, Carlota Román, está en Zamora, participando no III Foro MICE (Foro de Turismo de Negocio), organizado polo Spain Convention Bureau, é dicir, a sección turística da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias). Durante o foro estase a debater en profundidade sobre o presente e o futuro do turismo de reunións.
A asistencia enmárcase dentro dos actos de promoción de Pontevedra como cidade congresual e feiral que está a desenvolver a Concellería de Turismo de Pontevedra.

Román está a manter xuntanzas cos responsables de empresas organizadoras de eventos, entre ellas Events & Co., así como profesionais de asociacións médicas e farmacéuticas, ademais do Colexio de Ópticos-Optometristas. Estase a falar polo miúdo dos novos métodos e estratexias para captar congresos e hai plena coincidencia na importancia de contar cunha Oficina de Congresos profesionalizada.

A concelleira socialista tamén contactou con outros concelleiros e responsables feirais de cidades como Xixón, Elche ou Toledo, todas elas cun perfil comparable a Pontevedra. Román comprobou que as novas sobre a creación da Oficina de Congresos e o Plan de Turismo de Negocios da nosa cidade xa é coñecido en moitos puntos de España gracias á ampla difusión que esta nova tivo en revistas especializadas e na Internet.

A actividade continuará mañá, venres, coa participación de Carlota Román na Asemblea da Spain Convention Bureau, máximo órgano de promoción do turismo de congresos en España, encabezada polo presidente da FEMP, o alcalde de Granada. É a primeira vez que a cidade de Pontevedra está presente nesta asemblea xunto aos alcaldes e concelleiros das máis de 50 cidades que forman parte da Spain Convention Bureau.

20/09/2012

Visit Pontevedra