Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Turismo de Pontevedra reúnese cun grupo de OPC

A concelleira de turismo, Carlota Román recibe aos principais organizadores de congresos e eventos de Galicia




A Concelleira de Turismo, Carlota Román, deu hoxe un novo paso na súa axenda de reunións cos distintos interlocutores do sector na cidade e na provincia. Un grupo de OPC (Organizadores e Promotores de Congresos) así como con maioristas de turismo asentados en Galicia estiveron na Casa de Luz para intercambiar impresións sobre o Plan de Turismo de Negocios presentado recentemente por Pontevedra.

No apartado de congresos, un dos asistentes á reunión foi o grupo MB Karma, organizador de eventos como o Congreso Nacional de Auditores e Censores de Contas, o Congreso Nacional de Cirurxía Laparoscópica ou os congresos rexionais da Asociación Galega de Psiquiatría. Os seus representantes resaltaron a importancia de que unha cidade como Pontevedra teña unha importante oferta de instalacións para congresos e as súas boas conexións aéreas e terrestres, aínda que se debe intensificar a especialización dos hoteis para o apartado de convencións.

Pola súa banda, Tee Travel, axencia de viaxes maiorista-comerciante polo miúdo, especializada no Camiño de Santiago así como na organización de paquetes turísticos de inventivos que inclúen sendeirismo, cicloturismo, enoturismo e viaxes culturais, destacou o interese que xera Pontevedra e a súa contorna, especialmente no Camiño e na gastronomía.

A edil socialista Carlota Román puido tamén trasladar ao conselleiro de Travel Advisor o seu interese por situar a Pontevedra como destino de Congresos, para o que xa puxo en marcha a creación dunha oficina que xestione a promoción da cidade neste apartado. Travel Advisors Guild, Gremio Empresarial e Profesional de Axencias de Viaxes Españolas, é unha asociación constituída en 1996 e que agrupa un selecto grupo de 29 axencias de viaxes cuxa integración baséase nun proceso de rigorosa selección. Travel agrupa así ás principais comercializadoras de España, que están localizados en 23 provincias españolas. Os seus membros teñen en común unha acentuada especialización no campo das viaxes de negocios, incentivos e reunións, así como, o tráfico vacacional personalizado. Ademais, Travel Advisor é membro fundador dun dos maiores consorcios mundiais de axencias de viaxes denominado RADIUS.

Diante de tanta oferta de cidades e instalacións como hai no mercado, os incentivos cada vez máis buscan unha oferta diferente e que veña recomendada por profesionais do sector, polo que a colaboración cunha oficina de congresos que prescriba a provedores e produtos de cali-dade é algo estratéxico, afirma Manuel Fernández, polo que encomiou a iniciativa da concelleira de turismo Carlota Román por crear este tipo de figuras.

Precisamente neste último apartado onde Carlota Román está incidindo máis desde a súa chegada á Concellaría hai pouco máis dun ano. As reunións coa presidenta de OPC Galicia, o presidente de Asehospo, a directora do Spain Convention Bureau ou a visita da revista Meet In serviron para pór as bases para elaborar o plan de promoción de turismo como cidade de congresos presentado o pasado martes.

Despois desta reunión con axencias especializadas, a concelleira pontevedresa acudirá o próximo xoves ao Foro MICE, que congregará en Zamora a todos os destinso turísticos de España. O venres participará na Asemblea do Spain Convention Bureau, ente integrado na Federación Española de Municipios e Provincias.

Visit Pontevedra