Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra postúlase como destino para o turismo de negocios.

A Concellería de Turismo presenta un plan para asistir aos principais eventos do sector e prepara a apertura dunha Oficina de Congresos.




A Concellería de Turismo, que dirixe a socialista Carlota Román, elaborou un exhaustivo plan de promoción de Pontevedra para situala no mercado chamado MICE (siglas en inglés do subsector Meetings, Incentives, Congresses and Exhibitions). Un plan do que nos pasados meses xa fomos coñecendo parte das súas actuacións, coas reunións mantidas coa directora xeral do Spain Convention Bureau ou a vicepresidenta da asociación nacional de organizado-res de congresos (OPC España), ou as visitas de revistas especializadas do sector como Meet In.

Máis de 250 euros de gasto diario é o que deixa de media un profesional que asiste a un congreso. Se cada evento atrae a unhas 300 persoas e dura polo menos 2 días, facémonos unha idea da importancia que ten o que unha cidade sexa a sede dun gran encontro de médicos, economistas ou expertos da industria farmacéutica.

Durante a presentación deste plan, que a concelleira aproveitou tamén como clase práctica para os 15 alumnos/as do módulo de turismo do programa de formación e inserción laboral ILES, destacouse que a celebración dun congreso non só leva o uso do Pazo de Congresos, de hoteis e restaurantes, senón que un bo número de empresas de todo tipo son necesarias para que un evento deste tipo sexa un éxito: firmas de azafatas, autobuses, audiovisuais, empresas de comunicación, etcétera. De aí a aposta da Concellería por este mercado. De seren quen de captar catro ou cinco congresos medios e varios eventos de menor formato, como convencións ou viaxes de incentivo de grupos empresariais, a cidade pode obter un retorno económico estimado nuns dous millóns de euros anuais.

Entre os obxectivos deste plan integral destaca o obxectivo de atraer congresos e incentivos que teñan Pontevedra como sede, pero hai moito máis detrás. Así, búscase situar á cidade ante os principais profesionais do sector (os chamados OPC) e ante as máis importantes asociacións de médicos, economistas, laboratorios, farmacéuticas... Ademais, búscase liderar a promoción ante outras entidades turísticas, como Turgalicia,  Spain Convention Bureau ou Asehospo (cos que xa se mantiveron reunións).

Finalmente, outro gran obxectivo é o de captar a atención dos medios especializados neste mercado, que son ao final grandes prescritores de destinos.

Os catro grandes apartados como a participación en feiras (acudirase ao MITM de Granada, á WTM de Londres ou á EIBTM de Barcelona, a máis importante de Europa en canto ao mundo MICE), a organización de Famtrips para organizadores nacionais de congresos (Grupo Pacífico, Ultramar, etc.) ou sociedades profesionais como a SEMG (médicos de familia), Presstrips de revistas especializadas e finalmente, colaboración con grandes entidades de promoción, non terían sentido, en palabras de Carlota Román, se o sector non se implica.

O Concello quere situar a Pontevedra, pero para iso hoteis, axencias, restaurantes, cattering, etc. teñen que unirse e ir da man a captar os congresos, presentar candidaturas e convencer ás sociedades e asociacións profesionais de que Pontevedra é o lugar perfecto, afirma a edil de Turismo.


13/09/2012

Visit Pontevedra