Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

XIII Feira Franca

O pasado medieval de Pontevedra volverá ser o protagonista da cidade coa celebración da XIII Feira Franca




Xogos populares


Xoguei co tempo, rompín as ás, baixei, subín, saltei á corda, tirei da soga, caín, erguinme, agacheime, tremín, brinquei coas pedras... xoguei...

Trasnos do tempo viñeron buscarme, suxeitáronme enriba dos zancos... apostei a derradeira carta da baralla, merquei bolboretas, vendín feitizos...
Pousei a man no chan, sentín a calor da festa... descubrín a cidade, Hai feira, Feira Franca...
Mireina aos ollos convideina a xogar... son case ela, e agora convídote a ti... trae cordas, aros, zancos, bonecas, cores... ven; hai Feira Franca na vila ilustre de Pontevedra, hai feira, hai risas, hai ledicia, hai amigos, hai nenos e nenas, ti es un... vente, pousa a man no chan e déixate acariñar pola calor do tempo.

Haberá mercadores, historias, combates, haberá músicas, soños, convites, haberá xogos...
Este setembro convidamos o neno que vive en ti, vente... hai Feira Franca na vila de Pontevedra o 31 de agosto e 1 de setembro.

Trae sorrisos sinceros, ansias de aprender, tenruras primeiras, trae a luz de inocencia nos ollos, as mans cálidas, abrazos constantes, risos de pícaro, fábulas, soños, trae monstros e cabaleiros, trae crenzas, convida a maxia, has volver bicar coma a primeira vez... vente...

Esperámoste nas prazas, en cada recuncho da viaxe colectiva a tempos mellores... onde se venden coitas, onde se merca o pan, onde se atopa o liño, onde espera o sol... has coller azos, forzas, sorrisos, alegrías, ha ser bo...
Vente, hai Feira Franca.
Eu Xoguei... fun feliz...

www.feirafranca.info


programa

 

Venres 31. Xornada inaugural

19.00 h. Pregoeiros a cabalo anuncian polo centro histórico o comezo da XIII edición da Feira Franca.
19.30 h. Obradoiro de bailes medievais a cargo da Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes, no Teucro.
22.00 h. Espectáculo "Un xogo un Sono" a cargo das compañías Kull D´Sak e Troula, na praza da Ferraría.
22.45 h. Música e bailes medievais, Asociación de Coros e Danzas Duos Pontes, na praza do Teucro.

Sábado 1. Día da Feira Franca

11.30 h. Apertura do mercado medieval (avda. de Santa María) e da mostra de oficios (na Ferraría).
11.30 h. Cantigas de Afonso X e música medieval, a cargo da Asoc. Cultural Pola Vila polas rúas do centro histórico.
12.00 h. Recreación do transporte do viño pola Asoc. Recriativa de Xeve, Art Monium, animación música, representacións... Percorrido: rúas de Santa Clara, Sarmiento, Pasantaría, praza da Ferraría e remate na praza da Peregrina.
12.30 h. Demostración e obradoiros de esgrima, Escola Hungaresa, Montero Ríos.
12.30 h. Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga, Mercenarios do Norte, na Verdura.
13.00 h. Tiro con arco. Boa Vila, Montero Ríos.
13.30 h. Cetraría, Falcóns Galicia, Montero Ríos.
17.00 h. Exhibición de danza, Club Treboada, Montero Ríos.
17.00 h. Demostración e obradoiros de esgrima, Escola Hungaresa, Montero Ríos.
17.00 h. Cetraría, Falcóns Galicia, Montero Ríos.
17.30 h. Praza de Touros. Torneo medieval. Legend Especialistas. Entrada de balde ato completar aforo.
17.30 h. Exhibición e obradoiro de iniciación á esgrima antiga, Mercenarios do Norte, na Ferraría.
18.00 h. Pasarrúas "O Cego do Camiño" a cargo de Maese Seis Dedos polas rúas do centro histórico.
18.00 h. Cantigas de Afonso X e música medieval, Asoc. Cultural Pola Vila. Centro histórico.
18.30 h. Competición - Exhibición de tiro con arco, Clube Boa Vila, na avda. de Montero Ríos.
19.00 h. Pasarrúas de Bufóns e trovadores. Centro histórico.
19.00 h. Exhibición de danza a cargo do Club Treboada, Montero Ríos.
19.30 h. Pasarrúas. Art Monium. Centro histórico.
20.00 h. Praza de Touros. Torneo medieval. Legend Especialistas. Entrada de balde ata completar aforo.
20.30 h. Pasarrúas "O Cego do Camiño" a cargo de Maese Seis Dedos polas rúas do centro histórico.
21.00 h. Pasarrúas musical. Art Monium.
21.00 h. Cantar de cego e música medieval a cargo de Foula polas rúas do centro histórico.
21.45 h. Pasarrúas dos Errantes. Centro histórico.
23.00 h. Pasarrúas e fin de festa. Art Monium. Centro histórico.

Espazos da Feira franca

- Praza da Ferraría
- Praza da Leña
- Praza do Teucro [azougue]
- Praza de Curros Enríquez [antigo hospital de san Xoán de Deus]
- Praza da Pedreira
- Praza da Verdura [feira]
- Praza de Méndez Núñez [Campo da herba]
- Teatro Principal [antiga igrexa de san Bartolomeu]
- Igrexa de Santa María
- Paseo de Santa María [lampán dos xudeos]
- Ponte do Burgo
- Avda. de Santa María [eirado das torres]
- Xardíns de Casto Sampedro
- Avda. de Montero Ríos
- Praza de Touros
- AS Palmeiras
 

Xogos populares

PRAZA DE ESPAÑA

11.30 | 19.00. Taller de escribán (contos, batallas...)
12.00 | 17.00. Campamento medieval
12.15 | 16.45. Taller de bonequiños
14.30 | 19.00. Taller de colorear (escudos dos Andrade e Soutomaior)
11.00 | 16.00. Catapulta
11.30 | 17.00. Lectura de man e taller de apócemas
11.30 | 16.00. Xogos de mesa, carreira de sacos, loita con espada e confección de cota de malla
12.30 | 16.00. Xogos populares galegos: aros, birlos celtas, birlos do Courel, chave de Santiago, ra, sacos, petanca...
11.30 | 16.00. Dragón e Carrusel
16.30 a 19.00. Escola de Saltimbanquis

PRAZA DA PEDREIRA

11.30 a 20.30. Circuíto de xogos para nenos e nenas, pais e nais "o teu co teu fillo/filla"

Guía de actividades fixas


Asoc. Recriativa Xeve. Representación da comitiva do transporte do viño (mercadores, labregos e arrieiros). O grupo irá escoltado polos gardas do antigo couto de Xeve, encabezados polo señor do pazo de Gondar.
Asoc. de Coros e Danzas Duos Pontes. Taberna medieval (parte posterior Concello). Venres, espectáculo (Teucro).
Clube Boa Vila de Tiro con Arco. Demostración de tiro con arco e competición. Avda. de Montero Ríos.
Asoc. Socioc. de Meiro-Corvo (Bueu). Recreación dun alpendre de aldea e alboiro. Obradoiros. Ferraría.
Asoc. socioc. Cedofeita. Soportais do edificio do Museo, rúa Sarmiento. Obradoiro de confección de papel vexetal.
A.VV. Salcedo Norte. Xantar e cea medieval acompañados de xogos tradicionais. Xardíns de Casto Sampedro.
A.VV. San Bieito de Lérez. Xantar e cea medieval acompañados de xogos tradicionais. Palmeiras.
Asociación Alba (asoc. de familiares e amigos de axuda a enfermos psíquicos). Obradoiro de olaría. Ferraría.
Ventos. Obradoiro de caligrafía e xoiaría vexetal. Ferraría.
Mercado medieval de ALIMENTACIÓN. Alameda, soportais da Ferraría e praza de Curros Enríquez.
Mercado medieval de ARTESANÍA. Santa María.
OFICIOS. Ferraría. Toneleiro, telleiro, oleiro, redeira, tallista, tecedeira, palilleiras, zoqueira, cesteiro, curtidor, coroceira...

Descarga o programa da Feira Franca XIII

28/08/2012

Visit Pontevedra