Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Volta 2012 en Pontevedra

Pontevedra será o epicentro da Volta Ciclista a España 2012 durante as súas etapas en Galicia.




A cidade acollerá aos ciclistas durante catro días, a partir do domingo 26 de agosto e despediraos o día 29 coa contrarreloxo  que terá Pontevedra como final da decimo primeira etapa, a única contrarreloxo individual da Volta Ciclista.

O Concello de Pontevedra deseñou un circuíto para ensinar a cidade a España e ao mundo, dado que hai máis de 150 canles de televisión seguindo a Volta Ciclista.

O primeiro paso da Volta por Pontevedra verase o día 28, cando está previsto un paso pola cidade, ao redor das 16.00 horas. Despois dun día de descanso e a chegará a única contrarreloxo individual da Volta: Cambados-Pontevedra. Cambados estrearase como saída dunha contrarreloxo de 39 quilómetros chairos co porto de terceira categoría do alto Monte Castrove no que os tres mellores tempos puntuarán para a clasificación da montaña. Etapa técnica, sobre todo no descenso do porto, e complicada con curvas propias para que os especialistas contra o crono e os máis atrevidos tenten o triunfo final. O final da etapa percorrerá as rúas de Pontevedra, que terá a liña de meta por terceira ocasión.

Respecto diso do día 29, o operativo de tráfico é moito máis estrito. Todo o circuíto: Ponte da Barca, Alfonso XIII, Arcebispo Malvar, Praza de España, Michelena, Peregrina, Cobián Roffignac, Avenida de Bos Aires, Ponte dos Tirantes, Rafael Areses e  Avenida de Compostela, estará pechado ao tráfico ao redor de sete horas, e só se permitirá atravesar peatonalmente ás rúas polos pasos de peóns habilitados e controlados pola Policía Local ou por voluntarios.

Nos dous días da Volta Ciclista estarán operativos 85 axentes da Policía Local, 150 voluntarios, ambulancias, e vanse reforzar os servizo de limpeza e auga. Tamén habilitarase unha sala de prensa para 100 xornalistas, 7 salas de reunións, e unha bancada para 400 persoas na chegada.

Compre salientar que neses días Pontevedrá terá ocupado o 100% das camas hostaleiras da cidade.
Visit Pontevedra