Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A necesidade de superar barreiras localistas

Carlota Román e o presidente dos hoteleiros da provincia coinciden na necesidade de superar barreiras localistas




A crise económica aconsella acentuar a promoción cara o mercado interno.

A concelleira de Turismo, Carlota Román, deu un paso máis na súa axenda de reunións cos distintos interlocutores do sector turístico e hoxe mantivo unha xuntanza co presidente de Asehospo (Asociación de Hoteis da Provincia de Pontevedra) e vicepresidente de Feprohos (Federación de Hostalería da provincia de Pontevedra) César Sánchez Ballesteros.

Román destacou que é desacertado intentar posicionar a Pontevedra ou a Vigo por separado, cando se trata de cidades separadas por pouco máis de 20 Km e con ofertas moi diferenciadas. Non podemos traballar como dúas forzas en loita, nin nós nin Sanxenxo, porque xuntos vainos ir mellor a todos.

A concelleira avanzou a posibilidade de madurar futuros produtos turísticos integradores, que fagan posible gozar dunha oferta compartida entre as cidades, así como de avanzar na consolidación de ofertas complementarias que se podan contratar conxuntamente coas reservas hoteleiras. O presidente de Asehospo ofreceuse para avanzar ao máximo na coordinación e interlocución cos empresarios do sector hoteleiro.

A influencia da crise económica marcou a axenda da xuntanza, na que quedou claro que a Concellería de Turismo debe concentrar boa parte dos seus esforzos no mercado interno galego, ademais do Noroeste peninsular. Está demostrado que, nestes momentos, achega o 33% da ocupación hoteleira. Román enganchou este dato coa nova campaña de promoción turística "Pontevedra é un amor" que incide especialmente nas grandes cidades galegas, xunto con outras repartidas por 19 provincias españolas, e nas terminais dos aeroportos galegos, xunto co de Porto e o de Santander.

César Sánchez subliñou que queda moito que traballar en conxunto. O turismo, destacou, non entende de cores políticas nin de localismos artificiais. A importancia do sector turístico, que move 40.000 empregos e xera o 12% do PIB galego obriga a despregar unhas políticas públicas de apoio que, cando menos, sexan equiparables ás que reciben outros sectores menos estratéxicos para a economía galega.

O presidente de Asehospo, que se amosou moi preocupado polo impacto que pode ter a anunciada subida do IVE, falou da ocupación prevista para este verán (en torno ao 55%-60%) e destacou que a provincia de Pontevedra, dados os prezos que se están a ofertar, é un dos mellores destinos vacacionais para esta temporada.

O contacto entre Carlota Román e César Sánchez continuará no mes de setembro para concretar algunhas accións a desenvolver. A xuntanza enmárcase dentro das actividades da Concellería de Turismo para promocionar e buscar un nicho de mercado no chamado turismo MICE (Meeting, Incentives, Congress and Exhibitions). Carlota Román xa mantivo unha primeira reunión coa presidenta de OPC Galicia (que agrupa a todas as empresas organizadoras de congresos), Yolanda Barbeito. Igualmente reuniuse con Violeta Matas, directora do Spain Convention Bureau, entidade dependente da FEMP dedicada á promoción das cidades como lugar de celebración de congresos e da que Pontevedra é socia dende hai 15 anos.
Visit Pontevedra