Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

"PontedeTapas", prestixio e promoción para Pontevedra

Carlota Román destaca que "PontedeTapas" significa prestixio e promoción para Pontevedra e a súa hostalería. El Aleph", "Banastería" e "Pontetapas", locais gañadores do concurso




"El Aleph", "Banastería" e "Pontetapas" son os tres locais gañadores da cuarta edición do concurso gastronómico "Pontedetapas", organizado pola Concellería de Promoción Económica coa colaboración da Asociación de Hostaleiros de Pontevedra (Hoaspo). A concelleira, Carlota Román García, deu a coñecer hoxe os resultados despois de completar o escrutinio das papeletas de votación dun evento no que se venderon uns 34.000 pinchos.

Carlota Román destacou as elevadas puntuacións (entre 1 e 5 puntos para cada tapa) que o público outorgou ás distintas propostas, case todas elas por enriba dos 3 puntos e unha maioría con 5 puntos.

"El Aleph" concursou coa tapa "¡Flor de Pincho!", "Banastería" con "Brocheta de pulpo con bolitas crujientes de tetilla" e, finalmente, "Pontetapas" con "La Pinta, la Niña y la Santa María". O público outorgoulles 3.944, 3.367 e 2.958 puntos respectivamente, nunha clara demostración da forte competencia que se produciu entre os 53 locais participantes na iniciativa da Concellería de Promoción Económica.

Unha vez entregados os diplomas aos gañadores procedeuse ao sorteo dos premios entre o público participante coa extracción das papeletas agraciadas e un reserva por cada premiado:

A viaxe para dúas persoas e 7 días a Punta Cana, en réxime de Todo Incluído, foi para Laura Garre Rodas, de Pontevedra. Viaxe para dúas persoas a Madeira, sete días, en réxime de Aloxamento e Almorzo, para Sonia Blázquez Rodríguez, de Pontevedra. Viaxe a Tenerife para dúas persoas, sete días, en réxime de Media Pensión, para Santiago Abreu Garrido, de Pontevedra.

As escapadas de fin de semana a un balneario foron para Beatriz López Castro, de Vigo; Miguel Rodríguez Mediavilla, de Pontevedra; Alesandro Moreno Barreiro, de Vigo; Silvia María Riveiro Lorenzo, de Pontevedra e, finalmente, I. Harrison, de Poio.

Os Menús da Ría (ceas ou comidas nos restaurantes que participan no programa gastronómico da Concellería de Turismo) corresponderon a Isidro Caballería, Ana M. Ferreiro e Pablo González Silva, os tres de Pontevedra.

Finalmente, resultaron agraciados con senllos cheques de 50 euros para gastar no comercio local Erika Otero, de Pontevedra; Sonia Torres, de Pontevedra; Mila Seoane Yáñez, de Vilalba (Lugo) e Antón Casal Díaz, de Pontevedra.

A concelleira socialista destacou que o certame foi o centro da vida social da cidade entre o 25 de maio e o 3 de xuño e que concluíu cunhas cifras magníficas e reiterando o poder de atracción de público non só pontevedrés, senón tamén doutras partes de Galicia e mesmo de fóra da comunidade.

Ao tempo indicou que está satisfeita do que se viu, pero tamén do que non se ve, como o apoio á hostalería local pola dobre vía da achega directa de clientes e polo prestixio que outorga o mero feito da participación e, aínda máis, a obtención dos premios.

Por outra banda, "PontedeTapas" significa xa unha gran campaña de promoción da cidade e o destino Pontevedra. Podemos afirmar que Google nos quere, proclamou Carlota Román, quen citou as numerosas referencias ao certame en diferentes portais e blogs como Galicia para el Mundo, TurismoGalicia, Berenguela, CocinaGallega, Galicia10, Escapadariasbaixas, Ocioengalicia, Galiciaclic, Cuandopasa, Opinionhoteles, ou os locais Vidavedra e Ponte.tv. As webs propias e canais de Facebook e Twitter de PontedeTapas e Visit-Pontevedra, respectivamente, achegaron tamén un importante tráfico e contribuíron decisivamente á viralización da información. Chamou a atención o dato de que o 63% dos fans en Facebook son mulleres con idades comprendidas entre os 25 e os 34 anos. O maior número de accesos ás diferentes canles na Internet procedeu de Pontevedra, seguida de Vigo, Madrid, Santiago de Compostela e A Coruña.
Visit Pontevedra