Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A nova caseta turística da Praza de España, parada obrigada para os excursionistas

A concelleira de Turismo de Pontevedra, Carlota Román, destaca que maio foi un mes de transición




A caseta de información turística da Praza de España recibiu a 1.707 visitantes nos primeiros 15 días dende a súa apertura. O elemento, que foi dotado dunha nova imaxe pola Concellería de Turismo de Pontevedra, que dirixe Carlota Román García, converteuse así nunha referencia central da promoción da cidade. E moi especialmente, pola súa situación, para os excursionistas que chegan en autobús e se deteñen na cidade.

A caseta da Praza de España estreou unha singular cuberta a mediados de maio. A Concellería optou por forrala cun recubrimento acabado con cristais de efecto espello. O seu aspecto está a recibir numerosos comentarios positivos. Ademais, Carlota Román subliña que tamén se reforzou a atención coincidindo coa chegada dos meses de primavera, que ademais de seren preludio da temporada alta, rexistran un aumento substancial deste tipo de turismo de excursionistas.

Dos 1.707 visitantes que pasaron pola Praza de España, un total de 1.510 foron nacionais e 197 internacionais. Entre os españois predominaron madrileños e andaluces, mentres que os estranxeiros están dominados polos arxentinos e franceses.

A estatística recolle tamén a visita de 326 pontevedreses que quixeron coñecer a nova caseta en profundidade e non dubidaron en pedir información ao persoal de atención.

O volume de traballo que se desenvolve na caseta da Praza de España queda claro polo dato de que achega o 47% dos visitantes totais atendidos. Durante o mes de maio, a Concellería de Turismo ofreceu información a un total de 3.627 visitantes nas súas instalacións da Casa da Luz e Praza de España. Neste período aínda non estivo aberta a caseta da rúa Eduardo Pondal, no entorno das estacións.

Carlota Román considera que estes datos demostran claramente o acerto de ter apostado pola adquisición da caseta (instalada provisionalmente para o Campionato de Europa de Triatlón) e pola súa remodelación exterior cunha estética sorprendente.

As estatísticas globais do mes de maio dan preponderancia aos visitantes andaluces e madrileños entre o turismo nacional e aos alemáns e arxentinos no internacional. En canto ao lugar de aloxamento predomina Sanxenxo, cun 30%, mentres que un 16% dos visitantes afirmaron durmir en Pontevedra. O 92% alóxase en hoteis. O rango de idade apunta cara os excursionistas, pois o 56% eran maiores de 60 anos chegados en autobús. Só o 6% dos visitantes xa coñecían Pontevedra. En canto aos motivos da visita, o 54% dixo estar interesados por recomendacións, guías de viaxes e Internet.

11/06/2012

Visit Pontevedra