Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

PontedeTapas despachou 34.000 unidades

A concelleira de Turismo de Pontevedra, Carlota Román, dá comezo ao escrutinio dos votos.




A cuarta edición de PontedeTapas, o concurso gastronómico de Pontevedra, concluíu cun total dunhas 34.000 unidades vendidas. O dato coñeceuse ao iniciarse o proceso de escrutinio, encabezado pola concelleira de Turismo, Carlota Román.
A responsable municipal anticipou que, diante deste volume de votos, o escrutinio durará varios días e os resultados daranse a coñecer durante a próxima semana. Román lembrou que os cupóns deben clasificarse en función dos puntos outorgados a cada tapa e, finalmente, sumar as votacións outorgadas polos clientes.

O persoal da Concellería comezou a apertura das 53 urnas e a clasificación das papeletas. Carlota Román explicou que falamos de 34.000 votos, unha cifra que pode compararse cos 44.000 votos rexistrados nas últimas Municipais de 2011. Se nas eleccións había centos de persoas realizando o escrutinio, aquí está a cargo de media ducia de persoas. Ademais, lembrou, nos comicios oficiais en Pontevedra había 9 candidaturas, mentres que en PontedeTapas falamos de 53 candidaturas (unha por local) e cupóns nos que, para maior complicación, se outorgan de 1 a 5 puntos.

O impacto económico do certame foi duns 102.000 euros (a razón de 1,50 euros da tapa e 1,50 euros da bebida), unha cifra que Román considera máis que aceptable nun contexto como a actual crise económica. As cifras finais son moi parecidas ás da terceira edición, celebrada entre finais de novembro e principios de decembro pasados, aproveitando a ponte da Constitución e con algúns días máis de duración. Daquela se venderan 35.000 tapas.

A concelleira socialista afirma estar tamén satisfeita da repercusión que o certame tivo nos medios de comunicación de toda Galicia. Acadou unha importante presencia na Internet, onde se rexistraron moitas entradas na web de PontedeTapas, na de Visit-Pontevedra, nas canles de Facebook e Twitter. E tamén, cousa que sorprendeu agradablemente, en varios blogs especializados en turismo e gastronomía galegas, que achegaron moito tráfico.

A titular da Concellería de Turismo considera que PontedeTapas converteuse xa non só nunha ferramenta para botar unha man ao sector hostaleiro nos principios das tempadas de verán e Nadal. É xa un elemento de promoción da cidade. E o que é máis importante, unha marca que empeza a coñecerse e que xera interese e atracción. De aí a afluencia de visitantes de fóra da cidade.

No acto da próxima semana daranse a coñecer os tres locais gañadores desta IV edición de PontedeTapas. A continuación celebrarase o sorteo entre as papeletas de votación para determinar os afortunados cos 15 premios:
  • Tres viaxes para dúas persoas de 8 días de duración a Punta Cana, Madeira e Tenerife, respectivamente.
  • Cinco fins de semana en casas de turismo rurais.
  • Catro "Menús dá ría" (ou programa gastronómico impulsado por Turismo de Pontevedra en varios restaurantes dá cidade).
  • Tres cheques-regalo para consumir no comercio local.
Visit Pontevedra