Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Universide destaca a forza da web de www.visit-pontevedra.com

Un traballo entregado á concelleira Carlota Román recomenda trasladar o seu potencial ás redes sociais




Analizar o posicionamento nas redes sociais da marca "Turismo de Pontevedra" e da web visit-pontevedra.com, analizar a Carta de Servizos e analizar os servizos prestados pola empresa municipal de turismo foi o obxecto de seis semanas de prácticas de 10 alumnos do Grao de Dirección e Xestión Pública do campus de Pontevedra. O traballo foi entregado á concelleira de Turismo, Carlota Román.

O profesor Enrique Varela e a alumna Sandra Moldes presentaron como principal conclusión que esta web, visit-pontevedra.com, é un motor de alto potencial. Cun crecemento sostido demostra o seu músculo na Internet, onde xa é unha clara referencia para a palabra clave Pontevedra. Varela destacou que falamos dunha web atractiva, ben deseñada e actualizada. A única achega recollida no traballo pasa pola incorporación de códigos QR á Central de Reservas, co obxectivo de facilitar a localización dos hoteis.

Os alumnos do Grao suxiren proxectar esta forza da web nas redes sociais, especialmente Facebook, Twitter e Tuenti, nas que recomendan concentrar os esforzos. Unha suxestión que quedou ben recollida pola concelleira. A web é a plataforma, pero as redes son o canal, explicou Enrique Varela.

En canto á Carta de Servizos, Varela indicou que tratábase de actualizar a realizada en 2010, dado que dende entón a Casa da Luz obtivo o selo de "Compromiso de Calidade Turística" do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SISTED). Subliñou, ademais, que Turismo de Pontevedra atópase nun proceso de reorganización do seu organigrama e que era preciso actualizar criterios de calidade na atención aos turistas e fórmulas de avaliación continua.

Carlota Román destacou o acertado da estratexia de afondar na colaboración entre o Concello e a Universidade. Ambas, destacou, son institucións públicas que traballan no mesmo territorio e na mesma sociedade. Enrique Varela recolleu a idea e puxo o acento en que o Grao de Dirección e Xestión Pública forma expertos cualificados e que unha das funcións da Universidade é facer "transferencia social".

Os tres traballos realizados polos alumnos e entregados hoxe á concelleira de Turismo están asinados polos alumnos Sabrina Alfonso García, Carmen Bugallo Monteagudo, Marta Freire Quintas, Cecilia García Alonso, Alba Gómez Fernández, Sandra Moldes Acha, Natalia Molina Simal, Yaser Pérez González, Borja Castro Aragón e Alicia Solla Giménez.
Visit Pontevedra