Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Apoio ao Campionato de España de Natacion para Persoas con Discapacidade

Carlota Román destaca a aposta de Pontevedra polo turismo accesible




Pontevedra é unha cidade accesible, pensada para o peón e en loita continua contra as barreiras arquitectónicas. Partindo destes avais, a Concellería de Turismo, que dirixe Carlota Román, intensificou a súa colaboración coa Concellería de Deportes para colaborar na promoción do Campionato de España de Natación por Federacións de Persoas Discapacitadas que se celebra esta fin de semana na piscina olímpica de Ponte Muíños.

A empresa municipal de Turismo fixo o esforzo de obsequiar con axendas-guía da cidade a participantes nesta competición que serve tamén de plataforma para demostrar o compromiso municipal pola integración.

Esta aposta volverá a visibilizarse a mediados de xuño coa celebración en Pontevedra dunha xornada para persoas con discapacidade na que Turismo de Pontevedra volverá colaborar.

Carlota Román e Agustín Fernández, concelleiro de Deportes, están, por outra parte moi satisfeitos, das previsións desta fin de semana, nas que a cidade acollerá a máis de 4.000 persoas entre deportistas e acompañantes. Pontevedra acolle o II Congreso Internacional de Fútbol, o I Trofeo "Cidade de Lérez" de karate, o torneo 3x3 de basket "Crece con nós", as probas da Liga Galega de kayak Polo e, finalmente, o Campionato de España de Natación por Federacións de Persoas con Discapacidade.
Visit Pontevedra