Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontedetapas 2012 bota a andar con éxito entre o público de Pontevedra

Carlota Román está moi satisfeita coas primeiras cifras do certame gastronómico




A cuarta edición de PontedeTapas botou a andar cumprindo expectativas. A primeira fin de semana pechouse cun balanzo dunhas 9.000 tapas vendidas, o que supón un impacto económico na hostalería local duns 27.000 euros.O ritmo estase a manter nestes últimos días laborais, recalca a concelleira de Turismo, Carlota Román, mentres se agarda pola "oleada" da próxima fin de semana.

Carlota Román está satisfeita destes primeiros números que parecen confirmar que se vai alcanzar o obxectivo de superar as 40.000 tapas de aquí ao remate da iniciativa, o próximo 3 de xuño.

A Concellería realizou unha enquisa entre algúns dos 53 locais participantes no concurso, na que quedou constatada a alegría dos hostaleiros e a importante afluencia de público. Varios establecementos esgotaron existencias nalgunha das xornadas do certame.

Román destaca que a decisión de manter o prezo da tapa en 1,50 euros e de apostar por un reforzamento dos premios para o público están a dar os seus froitos. Os clientes que enchan o cupón de votación e o depositen nas urnas habilitadas nos locais adheridos participarán no sorteo de 15 premios moi atractivos: os tres principais son senllos viaxes para dúas persoas de 8 días de duración a Punta Cana, Madeira e Tenerife, respectivamente. Hai cinco fins de semana en casas de turismo rurais, catro "Menús da ría" (o programa gastronómico impulsado por Turismo de Pontevedra en varios restaurantes da cidade) e tres cheques-regalo no comercio local por un importe aínda por determinar.

Por outra banda, a concelleira comprobou que o certame está a incrementar as visitas ao portal turístico pontevedrés www.visit-pontevedra.es, así como á web propia deste evento, www.pontedetapas.es, así como aos perfís propios en Facebook e Twitter. Todo isto demostra o interese que o evento está a suscitar en toda Galicia e mesmo fóra.

30/05/2012

Visit Pontevedra