Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra recibe aos Turistas entre Espellos

Carlota Román estrea a nova imaxe da caseta de información da Praza de España




Dar unha imaxe moderna e sorprendente é o obxectivo da innovadora reforma que a Concellería de Turismo, que dirixe Carlota Román, vén de realizar na caseta de información da praza de España. Un efecto que acádase gracias a unha nova "pel" composta por un "collage" de espellos de grandes dimensións que xogarán cos reflexos da Alameda, as ruínas de San Domingos e os edificios do entorno do Concello vello.

Carlota Román estreou a nova infraestrutura, destinada a atender aos excursionistas que, despois de baixar do autobús, entran na cidade a través da habitual ruta da Alameda e a praza de España. Un total de 18.594 persoas pasaron por este punto informativo durante o ano pasado.

Román subliña a aposta por optimizar as instalacións existentes e a contención de gasto, dado que con esta reforma o Concello tamén adquire a caseta de bloques de madeira montada o pasado ano con ocasión do Campionato de Europa de Triatlón. O investimento final ronda os 12.000 euros.

Optouse por manter o seu aspecto interior e forrala exteriormente cun capuchón illante, co acabado final que proporciona o recubrimento do "collage" de espellos. A maiores instalouse un cubo elevado co indicativo de información turística para facela máis recoñecible.

A concelleira explicou que a estrutura xa tiña un aspecto moi digno, pero a súa configuración a base de troncos non era estanca e padecía filtracións de auga. Así, con esta solución, a caseta terá dúas imaxes en función da época do ano. En inverno vestirase con esta nova "pel" de espellos e perderaa no verán para recuperar o seu aspecto orixinal. Non será o caso deste verán, no que, ao estar de estrea, manterase o "look" reflectante.

Os puntos de información turística son parte da imaxe que os que nos visitan se levan da cidade, destacou Carlota Román, quen subliña que Pontevedra dispón dunhas magníficas instalacións como as da Casa da Luz (que se non son o mellor Centro de Recepción e Información de Galicia, pouco lle ha faltar) e dúas casetas de atención en puntos estratéxicos como son a praza de España, pensada para os excursionistas, e o entorno das estacións de ferrocarril e autobuses no extremo da avenida de Eduardo Pondal.

21/05/2012

Visit Pontevedra