Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra acolle a Semana Galega do Comercio Xusto

Carlota Román adianta que as cafeterías da cidade ofrecerán café solidario




O aroma do café máis solidario chegará a Pontevedra. A cidade celebrará a Semana Galega do Comercio Xusto. A iniciativa foi presentada pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, acompañada de Ramón Rodríguez, representante de Amarante Setem, e Salvador Santiago, presidente de Hoaspo.

Os actos comezan mañá mércores, día 9, ás 12.30 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura coa representación da peza teatral "Xusto o que busco", a cargo da compañía madrileña Clan de Bichos.

O sábado, 12, Día Internacional do Comercio Xusto, abrirase o Mercado Transparente e o Mercadiño de Troco na praza de Ourense. Estará aberto entre as 11 e as 14.00 horas e contará co apoio da concelleira de Promoción Económica. Haberá venta e degustación de produtos, charlas, música e xogos didácticos. Colaboran o Sindicato Labrego e a cooperativa A Gradicela.

A partir desa xornada poderá gozarse nos locais de hostelería asociados a Hoaspo do sabor do café xusto, ao mesmo prezo que o habitual. Calcúlase que se consumirán uns 100 quilos deste produto que agrada non só ao padal, senón tamén á conciencia.

Finalmente, en data aínda por fixar, proxectarase o documental "Ouro Negro", que aborda a problemática das cooperativas de café de Etiopía. O acto reforzarase cunha degustación de café etíope "Gold", considerado como un dos mellores do mundo.

Durante a presentación, Carlota Román, destacou a necesidade de involucrarse na quebra do modelo comercial Norte-Sur, no que uns representan todo o poder e a riqueza e outros a simple produción de materias primas e a pobreza. É preciso, engadiu, concienciar aos cidadáns de que os prezos en orixe son causa de explotación laboral, explotación infantil, desigualdade e destrución da Natureza.

A Semana Galega de Comercio Xusto é un esforzo para contextualizar este movemento internacional dentro da loita por mellorar as condicións de acceso ao mercado dos produtores máis desfavorecidos e quebrar as regras dun comercio internacional concibido en clave especulativa.

Pola súa banda, Salvador Santiago destacou que Hoaspo, ademais do seu labor comercial, ten un compromiso social que queren facer visible a través desta e outras iniciativas que xa desenvolven.

09/05/2012

Visit Pontevedra