Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O minimalismo triunfa no concurso de escaparates de Pontevedra




Carlota Román entrega os premios aos comercios gañadores de Ponte en flor

Os escaparates equilibrados, elegantes, limpos e minimalistas trunfaron no primeiro concurso organizado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo. Os premios foron entregados por Carlota Román, quen encargouse de destacar que este concurso non era máis que unha desculpa para incentivar ao comercio local na aposta pola calidade e a modernidade á hora de vender os seus produtos.

O primeiro premio foi para Cronopios Papel; en segundo lugar quedou a proposta de Beatriz Baqueiro Fotografía e, en terceiro lugar, a tenda de roupa Poéte. As recompensas económicas aos tres gañadores foron de 500, 300 e 200 euros respectivamente.

O xurado cualificador destacou o bo nivel acadado nos escaparates dos 32 comercios participantes. Carlota Román subliñou que máis dun 50% tiveron boas puntuacións e só seis quedaron con rexistros baixos. O xurado estivo presidido pola concelleira e contou con representación de Aempe, Centro Comercial Urbano Zona Monumental, a escaparatista Cani Juncal e o xornalista gráfico Ramón Capotillo.

Carlota Román tamén quixo poñer o acento no reparto xeográfico dos gañadores, pois un está na praza da Peregrina, outro nas galerías da Oliva e un terceiro na rúa de Manuel Quiroga, na zona monumental. Ao tempo, engadiu, representan a tres sectores distintos: papelería-librería, fotografía e téxtil.

No escaparate de Cronopios gustou o atrezzo moi relacionado co produto á venda, en Beatriz Baqueiro a utilización de fotografías primaverais e, no caso de Poéte, a armonía entre o escaparate e o interior da tenda. En todos casos houbo un uso racional do espazo do escaparate, boa agrupación dos produtos e harmonía cromática.

A concelleira de Promoción Económica agradeceu a súa participación aos establecementos comerciais que se sumaron á iniciativa e dixo que a porta da Concellería está aberta a calquera empresario local que teña unha idea para a promoción da cidade. Na súa intervención destacou a importancia do escaparate como símbolo de competitividade e mesmo como icona urbana. "Non só o Urbanismo contribúe a dar unha imaxe agradable, tamén os escaparates cumpren esa función porque os turistas son uns grandes contempladores de escaparates", explicou.

As palabras de Román foron recollidas por Luis Redondo, de Aempe, cando dixo que se este concurso foi unha desculpa para promocionar a cidade e o seu comercio, debería haber máis desculpas como esta no futuro. Na súa opinión, a iniciativa serviu para subir a autoestima dos comerciantes dunha cidade que ten moito que vender.

O acto de entrega concluíu co sorteo para designar aos 10 clientes agraciados cun cheque-compra de 20 euros. Un total de 1.530 persoas participaron no concurso depositando os seus cupóns de votación na urna habilitada na Casa da Luz.

Os gañadores son:
  • Marcos Paradela
  • Susana Fernández Pérez
  • Elena Cao
  • Divina Abal
  • Yasmín Ruibal Figueroa
  • Ángela Paz García
  • Sonia Martínez
  • Ruth Paredes Álvarez
  • Carmen Santirso López
  • Guadalupe Ayude


04/05/2012

Visit Pontevedra