Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra contará cun novo hotel en Ponte Lérez




Antón Louro visitou as obras de urbanización de Ponte Lérez, nos antigos terreos de Tafisa, que albergarán o novo hotel.

As obras de urbanización dos terreos da antiga fábrica de Tafisa avanzan a bo ritmo, declarou Antón Louro Goyanes, o tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, durante unha visita ao ámbito xuntoco director xerente da promotora "Ponte Lérez", Francisco Rubio.

Louro subliñou que a Unidade de Actuación número 7 (así está cualificada no Plan Xeral) acollerá algo máis de 800 vivendas repartidas en sete edificios, pero incorpora tamén os terreos onde se vai construír un hotel de catro ou cinco estrelas, "que vai ter unha situación magnífica", e o futuro edificio das Artes, destinado a acollera os alumnos da facultade de Belas Artes e das titulacións de Restauración de Bens Culturais e Deseño e Moda, "dous elementos dinamizadores que achegan valor engadido á cidade".

Anton Louro destacou que o novo hotel virá a incrementar tanto a capacidade como a calidade hoteleira na cidade. Lembrou que está ao pé do Pazo da Cultura e do Recinto Feiral e xusto a carón do río Lérez, entorno no que se están a celebrar moitas competicións e eventos deportivos ao longo dos últimos anos. Varias cadeas xa manifestaron o seu interese por facerse por estes terreos, que o Concello sacará a licitación entre os interesados unha vez que rematen as obras de urbanización.

Durante a visita comprobouse que as obras están executadas en máis dun 50% e xa son visibles a totalidade das rúas, parte das prazas e espazos públicos e as dúas glorietas. A rotonda que unirá o ámbito coa rúa de José Malvar está aínda incompleta, dado que é preciso ocupar parte desta vía. Tamén se comprobou a substancial ampliación da sección do Camiño Vello de Castela, que vai supor un alivio para o tráfico nesta zona.

Antón Louro expresou o apoio do Concello á promotora que está a executar as obras de urbanización e desexou que pronto presente a solicitude da licenza para o primeiro dos edificios. Francisco Rubio anticipou que este inmoble terá 262 vivendas (192 de venda libre e 70 protexidas) e que podería comezar a construírse pronto, dado que o ritmo de sinatura de contratos privados está sendo superior ao previsto. A día de hoxe son xa 109 as reservas (a última formalizada xusto no momento en que se producía a visita). Tamén hai contactos moi avanzados para a transmisión do gran baixo comercial, cunha superficie de 4.400 metros cadrados, deste inmoble, incluído o primeiro soto do garaxe.

As obras de urbanización que está a executar "Ponte Lérez" teñen un custo total de 4.835.920,60 euros.
O ámbito ten unha superficie total de 117.948 metros cadrados. A superficie total de uso comercial ascende a 14.510 metros cadrados. Admítese unha edificabilidade de ata 8.700 metros cadrados para o futuro hotel.
O proxecto de urbanización reserva unha parcela de 14.000 metros cadrados para o edificio das Artes. Contempla tamén dúas parcelas de equipamento con 594 e 642 metros cadrados respectivamente e, finalmente, sete zonas verdes e espazos libres que totalizan uns 32.120 metros cadrados.
A capacidade de aparcamento na zona chegará ás 2.211 prazas, das que 536 están no viario público e as restantes 1.675 nos garaxes dos edificios.
Visit Pontevedra