Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Edugal abre as portas cun éxito de público en Pontevedra




Carlota Román destaca o acerto do enfoque dun salón destinado a facer fronte ao fenómeno da desorientación vocacional

O Salón da Oferta de Educación e Formación de Pontevedra (Edugal) abriu as súas portas cunha ampla oferta informativa e formativa para un público amplo, entre o que destaca de xeito moi claro os estudantes dos últimos cursos da ESO e de Bacharelato.

A xornada matutina desenvolveuse cunha grande afluencia de público. Ás 11 horas celebrouse o acto inaugural con representantes de Aempe e das distintas administracións colaboradoras, empezando pola titular da Concellería de Promoción Económica, Carlota Román, principal patrocinadora do certame.

José María Corujo, presidente de Aempe, realizou a primeira intervención. Resaltou que as entidades más interesadas na formación son os sindicatos e os empresarios, dado que dependen dos profesionais, ben formados, para seguir realizando a súa actividade. O presidente da entidade empresarial agradeceu especialmente a Carlota Román a súa participación no nacemento, desenvolvemento e posta en funcionamento desta iniciativa.

Eduardo Barros, director do proxecto Edugal destacou o carácter internacional do Salón e a vocación de Aempe de crear recursos humanos. Durante a xornada, o stand do Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza tivo unha grande acollida popular ao realizar varias demostracións prácticas cos alumnos do módulo de Restauración.

Na súa intervención, Carlota Román destacou que coa Educación no ollo do furacán e obxecto das tesoiras dos recortes, este Salón cobra a maior relevancia. Comparou Edugal cunha rúa comercial na que, no canto de comercios, os paseantes poden atopar a mellor oferta educativa pública e privada a través duns stands nos que está representado case todo o sector.

"Este salón é unha grande oportunidade para botar algo de luz nese novo problema que moitos autores denominan desorientación vocacional e que afecta a un importante número de mozos e mozas que rematan os seus estudos de Secundaria e Bacharelato", afirmou. No fondo, continuou, trátase de responder á vella pregunta de "que quero estudar?" que tamén, dun en etapas máis temperás da vida, formúlase co formato "que quero ser de maior?"

A concelleira pontevedresa presentou, a continuación, ao primeiro ponente das xornadas técnicas: Miguel Santamaría, quen falou das Novas Tecnoloxías aplicadas ao Ensino. Na súa presentación, Carlota Román, falou do potencial das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), pero alertou tamén dos riscos que entrañan. Por elo demandou que se utilicen sempre como unha ferramenta para o coñecemento e non como un fin en si mesmo.

Edugal permanecerá aberto no Recinto Feiral de Pontevedra ata o próximo domingo, día 14. O seu programa está composto por un amplo abano de actividades e a presenza dos stands de 41 institucións e empresas relacionadas co Ensino. As charlas e conferencias, que abordan distintas cuestións de actualidade celébranse no propio Recinto e tamén en espazos abertos da cidade, como a praza da Peregrina.

16/04/2012

Visit Pontevedra