Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Concellería de Promoción Económica pon en marcha Ponte en flor, o primeiro concurso de escaparates de Pontevedra.




Na competición, organizada en colaboración coCentro Comercial Urbano Zona Monumental e AEMPE, o público poderá votar e participar nun sorteo de cheques regalo.

Os comerciantes de Pontevedra competirán entre o 16 e o 28 de abril para ofrecer o mellor escaparate. O concurso “Ponte en flor” nace da man da Concellería de Promoción Económica, coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental e Aempe. O lema será a primavera e a composición completamente libre. O próximo 3 de maiodaranse a coñecer os gañadores que levarán senllos premios de 500, 300 e 200 euros.

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, explicou esta iniciativa dentro da intención de animar as compras e reactivar a economía. Trátase de “dar un toque” para que isto non pare, declarou. Á presentación asistiron Miguel Lago, de Zona Monumental, e Hermenegildo Novoa, de Aempe.

Cantas veces ao día parámonos ante un escaparate que nos chamou a atención? Cantas veces un cliente pregunta por un produto que viu no escaparate?, preguntouse Román. O escaparate é o mellor vendedor, engadiu, e aíndamáis en época de crise, na que hai que aguzar o enxeño e utilizar todos os medios para mellorar a conta de resultados.

A concelleira destacou que a importancia do escaparate é maior cando os produtos que se venden non son de primeira necesidade. O escaparate debe dar una imaxe clara de que tipo de produtos véndense en cada tenda. Ademais, debe sintetizar as características (o espírito) do establecemento. Está chamado a pór o acento sobre os puntos fortes de cada local. Debe ser atractivo, elegante, rechamante, pero non recargado. Debe estar limpo e ben iluminado. Debe ser obxecto de cambios e renovacións periódicas de acordo coas ofertas ou as tempadas. E, finalmente, destacou Román, debe interactuar coa súa contorna social e falar dos valores locais da cidade.

Román lembrou que hai poucos días rematou o curso sobre os escaparates Online, a través do curso de Márketing e Redes Sociais. Tócalle agora ás ventás físicas, remarcou. O concurso é tamén o froito da intensa colaboración coas asociacións representativas desta Concellería. Unha colaboración que se está intensificando a todos os niveis e que é visible en grandes eventos como Edugal, nos que Promoción Económica é o principal patrocinador. De feito, hoxe sóubose que Edugal dedicará unha ponencia á formación en materia de escaparatismo.

O concurso “Ponte en flor” está aberto a todos os comerciantes de Pontevedra. As inscricións deben realizarse entre o 10 e o 14 de abril a través do Centro Comercial Urbano Zona Monumental ou de Aempe.

O público poderá participar votando ao mellor escaparate cubrindo a papeleta que atopará nos establecementos participantes e depositandoa nas urnas que haberá na Casa da Luz, en horario de 9.30 a 14 e de 16.30 a 19.30 horas. Os sábados e domingos, de 10 a 14 horas. Só se permite un voto por persoa. O voto popular será ponderado por un xurado composto por cinco membros: un en representación da Concellería de Promoción Económica, outros dous das asociación comerciais, un representante dos medios de comunicación e un escaparatista.

O público que vote participará no sorteo de 10 cheques de compra por valor de 20 euros cada un a consumir nos establecementos adheridos ao Centro Comercial Urbano Zona Monumental e Aempe e en todos os establecementos que, sen estar adheridos, participen no concurso.
Visit Pontevedra