Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Novo horario do Centro de Interpretación das Torres




O Centro de Interpretación das Torres Arzobispales (CITA) de Pontevedra inicia un novo horario a partir da semana santa.

O Centro de Interpretación das Torres Arzobispais de Pontevedra ten como obxecto permitir achegar o público ao coñecemento sobre o que foi un dos monumentos emblemáticos da historia de Pontevedra, as torres arzobispais, demolidas a finais do século XIX.

A partir da información dispoñible e co concurso de destacados especialistas na historia de Galicia e en arquitectura militar, levouse a cabo unha inxente tarefa para reconstruír non só a fortaleza, senón tamén o contexto urbano en que se insería. O resultado é un proxecto que transcende o meramente informativo para construír un relato emocional desde o rigor científico. O visitante dispón de distintos recursos para acceder a todo este coñecemento: pantallas táctiles, xogo interactivo, maqueta, distintas cerámicas e como peza principal un audiovisual en 3D que lle fará máis sinxela ao visitante esta viaxe pola historia.

O novo horario é
Luns a Xoves: de 10 horas a 14 horas.
Venres e sábado: de 10horas a 14 horas de mañá e de 18 horas a 21 horas
Domingos: de 11 horas a 14 horas
Visita previa reserva. Teléfono de reservas: 986 090677.

Mais info en: Centro de Interpretación torres Arcebispais
Visit Pontevedra