Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Visitas guiadas en semana santa






Turismo do Concello de Pontevedra ofrece visitas guiadas na zona vella da Cidade durante toda a Semana Santa

Os visitantes individuais que visiten Pontevedra en Semana Santa pódense incorporar a unha visita guiada de grupo efectuada por un guía oficial de Turismo de Pontevedra. Nas visitas programadas  para estes días de maior afluencia de turistas,  ilústranse os lugares de maior interese cultural e monumental da cidade, seguindo un percorrido representativo a través daqueles lugares máis representativos do casco antigo da cidade do Lérez.

Hai dúas sesións diarias en horario de mañá e tarde todos os días excepto o domingo. O horario das visitas será ás 11.30 horas en horario de mañá, e as 17.30 horas en horario de tarde. O domingo a sesión única será só de mañá, ás 11.30 horas
O prezo será de 5 euros tarifa normal e 3 euros tarifa reducida.
Os prezos son de 5 euros para os adultos e ofrécese un prezo reducido de 3 euros para xubilados, estudantes, nenos de 12 a 18 anos e cidadáns de Pontevedra. Os nenos ata 11 anos (inclusive) non pagan cota algunha.

As visitas saen da Casa de Luz, ou Casa do Turista, e teñen  unha duración estimada de 1 hora e 45 minutos.

Os tickets adquírense na sede de Turismo de Pontevedra SA. Casa dá Luz, Praza dá Verdura s/n 36002 Pontevedra, aínda que tamén é posible reservar por teléfono no número 986 090 890.

Xa saben: Se queren coñecer Pontevedra doutro xeito participen en Semana santa das nosas visitas guiadas !!!

30/03/2012

Visit Pontevedra