Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

40 guías participan no curso de recursos turísticos




Na xuntanza cós participantes, a concelleira Carlota Román aposta por unha oferta diversificada entre o turismo cultural, relixioso, monumental, e natural.

Un total de 40 persoas, entre guías turísticos de toda Galicia e traballadores das oficinas de turismo do Concello, da Deputación e da Xunta na cidade, están a participar nun curso de actualización sobre os novos recursos turísticos da cidade de Pontevedra.

A concelleira de Turismo, Carlota Román, organizadora da actividade, mantivo hoxe un encontro con eles no Campiño de Santa María, un dos puntos incluídos durante o curso de tres días co que se pretende actualizar os coñecementos destes profesionais, encargados de descubrir os atractivos e "segredos" da cidade a boa parte dos visitantes.

A socialista Carlota Román destacou que o seu departamento aposta por un turismo de calidade e, para elo, é preciso que os máis recentes recursos de Pontevedra se dean a coñecer. A promoción do destino Pontevedra precisa dunha sintonización entre os percorridos que efectúan os guías turísticos e a política turística municipal.

Román tamén subliñou o novo exemplo de colaboración institucional da súa Concellería ao ter invitado a participar ao persoal das oficinas turísticas de todas as administracións. En moitas ocasións, explicou a responsable municipal, son estes profesionais os encargados de orientar aos visitantes sobre como gastar o seu tempo e que lugares visitar, polo que estamos encantados de que teñan asistido.

A concelleira de Turismo está convencida de que a cidade ten moito que "vender" e non sempre se fai optimamente. Por elo, articulou un programa que cobre moitas frontes en función da ampla oferta existente: turismo relixioso e monumental, turismo cultural, turismo natural e de paisaxe e, finalmente, turismo especializado. A gastronomía e a enoloxía, outro dos atractivos da cidade, non foi tratado ao non haber novidades significativas, aínda que Román encargouse de lembrar o potencial pontevedrés neste eido.

O curso, que leva por título "Pontevedra: Novos recursos turísticos e optimización dos xa existentes" comezou onte, martes cunha visita á igrexa e o convento de Santa Clara a cargo de María Ángeles Tilve Jar, conservadora do Museo. A continuación, da man de Paula Tilve, do Museo, visitaron o antigo convento dos Xesuítas, composto pola igrexa de San Bartolomeu, as novas salas do Museo Provincial. Xa pola tarde, chegou o momento de visitar a Illa das Esculturas xunto con Antón Castro, comisario do proxecto. Finalmente, houbo un achegamento aos valores naturais da Xunqueira de Alba e as beiras do río Lérez, coa participación de María Formoso, técnico de Medio Ambiente do Concello.

A xornada de hoxe inclúe unha visita aos novos vestixios arqueolóxicos da cidade de Pontevedra, con paradas na cabeceira da ponte do Burgo, o CITA e o Campiño de Santa María. Unha xeira que conta coa participación do arqueólogo municipal, Xoán Carlos Castro. A última hora da mañá achegaranse á riqueza heráldica da cidade coas explicacións de Carlos Acuña, presidente da Sociedade de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria. Pola tarde, o día concluirá no sexto edificio do Museo co seu director, Carlos Valle.

Mañá xoves haberá un achegamento ás ruínas de San Domingos da man de Luís García Seco, do Museo de Pontevedra. O curso rematará na sede de Turismo de Pontevedra, a Casa da Luz, co último contacto coa concelleira de Turismo, Carlota Román, encargada de explicar o funcionamento da tarxeta turística "Visit Pontevedra", o merchandising da empresa municipal e os programas gastronómicos "Menú da Ría" e "Pontevedra Doce".

Esta iniciativa tivo unha gran acollida no sector e, ademais das 40 prazas existentes, solicitaron a súa participación outros 24 profesionais que, ao non poder ser inscritos, quedaron en lista de espera. Os participantes pagaron unha inscrición de 8 euros, destinada a cubrir os gastos. A convocatoria foi realizada a través do boletín municipal PonteEmprego, que se envía quincenalmente por correo electrónico a máis de 50.000 persoas.
Visit Pontevedra