Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Curso de recursos turísticos de Pontevedra




O curso realizarase os días martes e mércores 20, 21 de 2012 de 9.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas, e o xoves 22 de marzo de 10.00 a 14.00 horas.

Un aspecto fundamental para a correcta difusión e promoción dos recursos turísticos é dispor de guías e informadores turísticos. Estes profesionais serán os encargados de mostrar, de maneira adecuada e axustada á realidade, a gran variedade de recursos turísticos históricos, artísticos, patrimoniais, culturais e ambientais da nosa Comunidade, así como de asistir e orientar ao turista e ao visitante no goce adecuado destes.

Nos últimos anos a cidade de Pontevedra está a incrementar o seu patrimonio e os seus recursos culturais, a visita a Pontevedra conta agora con valor engadido do CITA, os achados arqueolóxicos no Campiño de Santa María e os novos edificios do Museo. A incorporación destes novos edificios ao Museo de Pontevedra suporá a dotación de dez mil metros cadrados máis para salas de exposicións, tanto permanentes como temporais, converténdose nun dos tres mellores e maiores museos provinciais de España.

Por outro lado existen espazos na cidade de importancia, incluso internacional, que non están o suficientemente promocionados ou aos que non se lles outorga a importancia que merecen. É o caso da Illa das Esculturas, un dos primeiros proxectos que se realizaron en España de transformación permanente dunha paisaxe natural mediante procedementos artísticos; participaron nesta iniciativa doce artistas de talla internacional. Este lugar acaba de ser remodelado e convértese agora nunha opción moi interesante á hora de visitar Pontevedra, non só polas obras en si, senón tamén polo contorno das ribeiras e xunqueiras do río Lérez protexidas e declaradas de interese natural.

En pleno centro da cidade atopamos unha gran descoñecida non só para os nosos visitantes, senón tamén para os propios cidadáns de Pontevedra: a igrexa e o convento de Santa Clara, que en moi poucas ocasións é visitada e na que podemos atopar interesantes retablos barrocos. A importancia deste edificio vén avalada pola súa recente declaración como BIC.

Outro dos motivos polos que a visita a Pontevedra merece a pena é pola súa riqueza heráldica, aquí atópase unha das maiores concentracións de escudos de toda Galicia, situada entre as máis destacadas de España. Este tema será abordado ao longo deste curso.

Por outro lado dende Turismo de Pontevedra tamén se quere dar a coñecer o traballo que se está a realizar nos últimos meses así como promocionar distintos produtos turísticos creados nesta empresa: a tarxeta turística, o Menú da Ría, Pontevedra Doce ou o merchandising...

OBXECTIVOS

Consideramos moi importante potenciar as relacións entre os profesionais do sector turístico e difundir a conexión dos recursos de distintas localidades e áreas do territorio para facilitar a articulación da oferta no destino turístico.

O obxectivo deste curso é darlles a coñecer a todas aquelas persoas profesionais do sector, que traballan directamente con grupos de turistas ou que se atopan á fronte de oficinas de turismo, todos estes recursos e darlles a importancia e o recoñecemento que merecen, para que todo aquel que nos visite coñeza as moitas opcións que esta cidade ofrece. No caso da ampliación do Museo, é importante que os guías e os informadores sexan dos primeiros en saber explicar o que alí, en breve prazo, será exposto
  • Intentar que se inclúa a organización de visitas guiadas á Illa das Esculturas
  • Dar a coñecer as novas salas do Museo de Pontevedra
  • Poñer en valor a Igrexa de Santa Clara e que sexa incluída nas visitas guiadas a cidade


DATAS

20, 21 e 22 de marzo de 2012

HORARIO

Martes e mércores de 9.30 h a 14.00 h e de 16.00 h a 19.30 h
Xoves de 10.00 h a 14.00 h

PROGRAMA PROVISIONAL

PRIMEIRO DÍA - MARTES 20 MARZO

MAÑÁ:
9.30 h A Igrexa e o Convento de Santa Clara en Pontevedra. María Ánxeles Tilve Jar, conservadora do Museo
12.00 h Os Xesuítas. Remodelación do claustro e novas salas do Museo. Paula Tilve-Museo de Pontevedra

TARDE:
16.00 h Illa das Esculturas. Antón Castro, comisario do proxecto

SEGUNDO DÍA - MÉRCORES 21 MARZO

MAÑÁ:
10.00 h Novos restos arqueolóxicos en Pontevedra: o CITA e o Campiño de Santa María. Xoán Carlos Castro, arqueólogo municipal
12.00 h Heráldica en Pontevedra Carlos Acuña, presidente da Sociedade de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia

TARDE:
16.30 h Nova sede do Museo de Pontevedra: o sexto edificio. Carlos Valle, director do Museo

TERCEIRO DÍA - XOVES 22 MARZO

MAÑÁ:
10.00 h As Ruínas de San Domingos. Persoal do Museo de Pontevedra
12.00 h Turismo de Pontevedra. Carlota Román, concelleira de Turismo e Presidenta do Consello de Admón. de Turismo de Pontevedra

CONDICIÓNS

Será requisito imprescindible a asistencia ao 80% das horas totais do curso, a acreditación da asistencia realizarase a través dun control diario de sinaturas.

As prazas son limitadas e a inscrición será por rigorosa orde de inscrición, o prazo remata o día 14 de Marzo, unha vez admitidos realizarán o pago de 8 € de coste del curso.

O curso está dirixido a guías oficiais e a informadores/as turísticos/as. No caso de que queden prazas vacantes abrirase a inscrición a diplomados/as de Turismo ou técnicos/as superiores en guía, información e asistencia turísticas e a licenciados/as en Historia da Arte.

Remitirase información detallada do curso ás distintas asociacións da Comunidade e ás principais oficinas de turismo de toda a zona.

Inscripción o Curso de Recursos Turísitcos
Inscripción o Curso de Recursos Turísitcos
Inscripción o Curso de Recursos Turísitcos
Visit Pontevedra