Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra Entroido 2012




A partir do sábado día 4 de Febreiro Pontevedra celebra o Entroido 2012.

REPRESENTACIÓN DOS ENTROIDOS DE GALICIA

SÁBADO 4 DE FEBREIRO
12.00 horas Pasarrúas das Mázcaras de Manzaneda.

SÁBADO 11 DE FEBREIRO
12.00 horas Pasarrúas das Madamas e Galáns de Cobres.

VENRES 17 DE FEBREIRO
20.00 horas Praza da Verdura. Degustación de filloas de entroido.
20.45 horas Praza da Verdura. Urco, rei do entroido, chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora, Solfamidas de Campo Lameiro, Os da Caña e Clave de Sol onde será recibido polo alcalde. Lectura do pregón a cargo de Xurxo Souto.

SÁBADO 18 DE FEBREIRO
11.00 horas Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos de Poio.
16.30 horas Rúa Xosé Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número.
17.30 horas Desfile do entroido. Saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda.
20.00 horas Praza da Ferraría. Celebración da gran festa do entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

LUNS 20 DE FEBREIRO
17.30 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces.
19.30 horas Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol Recreación da botica de don Perfecto Feijoo Actuación: Grupo Foula.
21.00 horas Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXI Concurso de Murgas.

MARTES 21 DE FEBREIRO
16.30 horas Concurso de Filloas Vialia-Estación de Pontevedra. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra.
17.00 horas Praza da Ferraría. Gran festa de entroido infantil Animación infantil con Rivel e varios DJ
22.00 horas Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado Pirata! Únete ao Pirata da Moureira!
00.00 horas Animación de rúa coas comparsas:
    Amoriños de Bora
    Solfamidas
    Os da Caña
    Os Canecos
    Clave de Sol
    Vamos a Todo

MÉRCORES 22 DE FEBREIRO
17.00 horas Praza da Peregrina. Obradoiro: "As Máscaras de Ravachol"
19.00 horas Recreación da botica de don Perfecto Feijoo.
Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade.
21.00 horas Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXI Concurso de Murgas.

XOVES 23 DE FEBREIRO
21.00 horas Pazo da Cultura. Final do XXI Concurso de Murgas

VENRES 24 DE FEBREIRO
23.00 horas Prazas e rúas da cidade. XVII Mostra da Parodia do Entroido.
02.00 horas Praza da Ferraría. Entrega de premios da XVII Mostra da Parodia do Entroido.

SÁBADO 25 DE FEBREIRO
12.00 horas Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo.
18.00 horas Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.
21.00 horas Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.

Como remate, procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar un sentido espectáculo necrolóxico coa lectura dunha loanza fúnebre.

Para ver todo o programa coas bases do desfile, bases dos concursos e premios faga clic aquí.


17/02/2012

Visit Pontevedra