Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Turismo e Deportes programan conxuntamente el 2012




Carlota Román ofrece un amplo programa de animación para os máis de 7.000 visitantes que pernoctarán en Pontevedra ao longo do ano.

O ano 2012 vai ser o de maior intensidade na organización de grandes eventos deportivos na historia de Pontevedra. A Concellería de Deportes está a manexar un calendario que pode al-canzar a cifra dunha ducia de campionatos e torneos de rango nacional e internacional.

O concelleiro Agustín Fernández destacou que o primeiro trimestre do ano vai ser absoluta-mente espectacular, pois están confirmados o torneo de tenis ITF en xaneiro, o Campionato de España junior de natación en febreiro e o Campionato de España de marcha atlética (absoluto e por idades) en marzo. Tres meses de temporada baixa para o turismo que quedan cubertos con tres eventos que traerán a Pontevedra máis de 1.500 visitantes. Ao longo do ano, tendo en conta a confirmación doutras citas como a Volta a España ou Campionato de España de Tria-tlón, estímase que o Concello vai ser quen de xerar máis de 7.000 pernoctacións na cidade.

Agustín Fernández, a concelleira de Turismo, Carlota Román, e o vicepresidente do Casino Mercantil e coordinador do Torneo de Tenis Junior da Federación Internacional (ITF), Vicente Núñez, comezaron hoxe a traballar no que será o primeiro evento do ano, dado que se celebra-rá entre os próximos días 1 e 8 de xaneiro.

O Casino Mercantil e Industrial confirmou o peche da inscrición con 120 tenistas, entre eles moitos dos primeiros clasificados no ranking mundial. Quedaron fóra outros 180 solicitantes por falta de prazas. Confirmouse así a plena ocupación e tamén un alto nivel deportivo, polo que será posible ver en Pontevedra a algúns dos tenistas que en poucos anos estarán na parte alta do cadro da ATP e a WTA. A inscrición inclúe deportistas masculinos e femininos, de en-tre 13 e 18 anos, chegados de España, Xapón, Rusia, Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Irlanda, Portugal, Italia, Bielorrusia, Bélxica, Holanda, Rumanía, Suíza, China, Macedonia, Bosnia-Herzegovina, Estados Unidos, Letonia e Túnez.

Carlota Román acordou hoxe co Mercantil un paquete de actividades complementarias que incluirá paseos polo Centro Histórico no tren turístico, visitas ao CITA e algunhas salas do Museo Provincial e á exposición emBOTELLArte, que acolle estes días a Casa do Turista. Para os adestradores e acompañantes, maiores de idade, ofrecerase unha cata de viños “Rías Baixas” e conservas  galegas no Pazo de Mugartegui, así como a entrega de bolsas de infor-mación turística. Nos hoteis haberá tamén información dispoñible e vídeos promocionais de Pontevedra. Un “paquete” que se estenderá, con posibles modificacións, ao resto dos eventos deportivos do ano.

Vicente Núñez confirmou que xa se teñen efectuado as primeiras reservas hoteleiras na cidade e que 60 xogadores/as pasarán a Noitevella en Pontevedra cos seus respectivos acompañantes  porque teñen o primeiro partido o día 1 de xaneiro. Boa parte de toda a comitiva, estimada nun total dunhas 500 persoas, estará en Pontevedra ata o día 6, data na que nos cadros mascu-linos e femininos só quedarán os semifinalistas.
As estancias hoteleiras beneficiaranse da circunstancia adicional de que as finais dispútanse o día 8 e, xusto a continuación, dá comezo o torneo internacional de Sanxenxo. Boa parte dos tenistas que pasen por Pontevedra e Sanxenxo viaxarán posteriormente a Australia para parti-cipar no primeiro Grand Slam do ano.

Carlota Román agradeceu o esforzo do Casino Mercantil, que organiza por primeira vez este torneo, e desexou que poda consolidarse no tempo. Engadiu que a masiva presencia de persoas chegadas de todo o mundo supón unha magnífica oportunidade, que non se pode deixar pasar. Lembrou que a meirande parte do turismo que chega ás Rías Baixas é nacional, polo que a difusión da nosa oferta no exterior é moi valiosa.
 

28/12/2011

Visit Pontevedra