Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra, referente galego de tapas




Carlota Román quere converter a Pontevedra nunha referencia galega aproveitando o éxito de PontedeTapas

La Banastería, Vetula Ponte e o Parador, gañadores

O sorteo para o público recompensa a 5 persoas chegadas de fóra da cidade


Punto e final á terceira edición de PontedeTapas. O concurso gastronómico impulsado pola Concellería de Promoción Económica e Turismo, que acadou nesta edición as 35.000 tapas vendidas, celebrou o seu último acto co anuncio dos tres locais hosteleiros gañadores e co sor-teo de premios para o público participante.

La Banastería, coa tapa Saquiño de zamburiña con pastel de centola, conquistou o primeiro premio. Vetula Ponte, acadou o se-gundo coa súa Vetuliña de Nadal. O Parador de Turismo acadou o terceiro coa Costeliña de cordeiro de Moraña e langostino en crocante de rixóns. Os locais comprometéronse onte a manter a tapa e o seu prezo (1,50 euros) ata o próximo concurso, que chegará cara a primavera. O resultado fíxose público despois de varios días de escrutinio dos cupóns de votacións formalizados polo público.

Carlota Román felicitou expresamente aos hosteleiros que, destacou, cumpriron sobradamente o seu compromiso de ofertar produto galego e de ca-lidade e, ademais, botándolle imaxinación mesmo nos nomes elixidos para cada tapa. A aposta pola calidade quedou acreditada polo feito de que o 40,5% dos votos outorgaron unha puntuación de sobresaínte (por enriba do 4 nun baremo que ía do 1 ao 5). Outro dato a resaltar foi que un total de 10 locais do total de 47 participantes, rexistraron máis de 1.500 votos en urna.

A concelleira aplaudiu tamén o éxito que supuxo a entrada das novas tecnoloxías. A web de PontedeTapas superou as 7.000 visitas e os perfís de Facebook e Twitter chegaron a 35.000 usuarios.

Os resultados acadados serviron para que Román anunciara que hai uns alicerces sólidos para consolidar este concurso como parte da programación estable da empresa municipal Turismo de Pontevedra. Sen embargo, na súa opinión, o tapeo debe ser algo máis que dous concursos anuais organizados polo Concello. Pontevedra, dixo, pode e debe aspirar a converterse na referencia galega nesta modalidade gastronómica porque a cidade reúne características urbanas e turísticas, gracias as súas rúas e prazas nas que o peón é protagonista, máis que suficientes.

A progresión de PontedeTapas resulta espectacular. Na súa primeira edición acadou 9.000 tapas vendidas e unha repercusión económica de 27.000 euros. A segunda subiu ata as 20.000 tapas e os 60.000 euros. E, finalmente, a que acaba de celebrarse chegou ás 35.000 tapas e uns 100.000 euros. As cifras, destacou Carlota Román, son conservadoras, porque están calculadas cos ingresos dunha tapa e unha única bebida, cando o certo é que moitos clientes repetían consumición ou mesmo quedaban a cear nos locais.

En canto ao sorteo entre os 35.000 cidadáns que cubriron os cupóns de votación destacou o dato de que entre os gañadores hai cinco persoas chegadas doutros puntos de Galicia e España, tales como Vigo, A Coruña, Sanxenxo, León e Navarra. O dato, recalca Carlota Román, demostra algo que xa se sabía polas impresións dos propios hosteleiros: que o concurso tivo un efecto de atracción cara Pontevedra.

Os agraciados no sorteo son os seguintes:
  • Cea para dúas persoas: Maricarmen Falcón Pérez.
  • Cea para tres persoas: Santiago Fernández Vila.
  • Cea para catro persoas: Sonia Fernández.
  • Os cinco cupóns de 200 euros para gastar en establecementos do Centro Histórico: Beatriz Sanjuán Paz, Cristina Michelena Montes, María Ángeles Fernández Portaboles, Teresa Quinteiro Cubela e Patricia López Brites.
  • Fin de Semana para dúas persoas (Escapada Pintoresca): Noelia Padín Novoa.
  • Fin de Semana para dúas persoas (Escapada con Encanto): Santiago García Martínez.
  • Viaxe para dúas persoas a Madeira: Alberto Sansiñena Maya.
  • Viaxe para dúas persoas a Canarias: Alba López Martín.

Visit Pontevedra