Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

III Edición de "Pontevedra Tapas"




Tras o éxito das anteriores edicións, volve o certame de tapas

A Concellería de Turismo e Visit-Pontevedra anuncian unha nova edición do concurso gastronómico de tapas "Pontevedra Tapas" tentando superar as máis de 20.000 tapas despachadas na anterior edición.

Do 25 de Novembro ao 8 de Decembro volve a Pontevedra o certame "Pontevedra Tapas", o concurso de tapas impulsado por Turismo de Pontevedra co obxectivo de potenciar e dar a coñecer o potencial gastronómico da cidade na súa mínima expresión. Tras o grandísimo éxito das anteriores edicións, nas que se repartiron máis de 20.000 tapas, a organización desta terceira edición era un clamor tanto popular coma dos propios profesionais da hostalería.

Os establecementos concursarán cunha única tapa, que deben definir no momento da inscrición. A tapa pode estar realizada ao xeito tradicional ou ofrecendo unha cociña de novas tendencias, pero mantendo a obrigatoriedade da utilización de produtos e materias primas de calidade da gastronomía galega. Tamén se mantén o prezo por tapa nos 1,50 euros sen incluír a bebida e a necesidade imposta aos establecementos de que durante os 10 días que dure o concurso, deberán ter exposta ao público a tapa coa que participan e tela dispoñible en cantidade suficiente.

Igual que en anteriores edicións, este certame está aberto a todos os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Pontevedra que queiran participar.

O prazo de inscrición ábrese o día 17 de novembro e péchase o día 20 de novembro.

Os formularios de inscrición están dispoñibles na Casa da Luz (Praza da Verdura, s/n) en horario de 9:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 de luns a sábado, e de 10:00 a 14:00 o domingo, no teléfono 986 090890 ou no enderezo electrónico info@visit-pontevedra.com

Tamén poderán obter información sobre cómo participar a través de HOASPO (Hosteleros Asociados de Pontevedra) no teléfono 627 858 307.

O custo da inscrición mantense en 80 euros por establecemento participante e novamente serán estes cartos da inscrición os que se sufragarán os premios.

www.pontedetapas.es
facebook.com/PontedeTapas
twitter.com/PontedeTapas

16/11/2011


Get flash to see this player.



Visit Pontevedra