Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Ferpalia 2011: Enoturismo




Pontevedra vai ser a capital do enoturismo os días 19, 20 e 21 de outubro, coa celebración da decimonovena edición de FERPALIA - Salón do Turismo de Galicia.

A decimonovena edición de FERPALIA terá como fío condutor o Enoturismo, de xeito que a cidade de Pontevedra, a capital das Rías Baixas, será -os días 19, 20 e 21 de outubro- punto de encontro obrigado dos sectores do viño e do turismo de Galicia e do norte de Portugal. Os actos do certame realizaranse no recinto feiral da Xunqueira, que albergará os estands, e os elementos expositivos, dirixidos ao gran público.

Ademais, como vén sendo habitual, Ferpalia terá ademais un relevante carácter técnico no que se darán cita os profesionais para para facer contactos e negocios. Nesta edición Ferpalia espera reunir a un centenar de touroperadores, -entre eles unha ducia especializados en enoturismo-, que participará na realización da Bolsa de Contratación, que terá lugar os días 19 e 20 de outubro.

Por este motivo, ademais de organizar unhas xornadas monográficas sobre o tema, aproveitarase o carácter profesional do certame para establecer unha liña nova de produto turístico que vincule a Pontevedra coas rutas do viño da provincia.
Liña de produto do que se pretende que teña continuidade no tempo mediante reclamos de tipo feiral nas prazas da cidade, e así, o fin de semana seguinte á celebración de Ferpalia, montarase unha Praza do Viño, posiblemente na praza de Mugartegui, sede da D.O. Rías Baixas
Visit Pontevedra