Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra recibe a Volta Ciclista




Cunha grande expectación,  a cidade de Pontevedra recibe á "Vuelta Ciclista a España", que pasará dúas veces pola cidade.

O primeiro paso producirase entre as 16.00 e as 16.17 horas. O percorrido exacto deste primeiro paso é: entrada dende Ponte Caldelas por Marcón, O Marco, nó do Pino, avenida de Vigo, Fernández  Ladreda, General Rubín, Reina Victoria, Alameda, Echegaray e saída pola Ponte da Barca para dirixirse a Combarro e Cambados. O fin da etapa, con chegada a Pontevedra, está previsto entre as 17.29 e as 17.53 horas. Entrarán pola estrada de Vilagarcía, para cambiar á estrada de Santiago (N-550) entrando na cidade pola ponte de Santiago, Avenida de Bos Aires, José Malvar e, finalmente,a  recta de chegada será en Loureiro Crespo.

Para dar idea da dimensión da Vuelta,  cómpre ter en conta que a caravana ciclista, sumando todos os seus componentes, está composta por unhas 2.000 persoas. Agárdase a chegada de 22 autobuses (un por equipo) e máis de 100 vehículos da organización, Guardia Civil de Tráfico e da Unidade de Intervención Policial, prensa e patrocinadores. A iso hai que sumar os camións que transportan a infraestrutura da chegada e outro material. Todo isto obriga a un gran esforzo loxístico.

As contrapartidas desta grande movilización residen no sector hosteleiro. A chegada da Vuelta Ciclista a España a Pontevedra o 1 de setembro anuncia ter unha clara repercusión na ocupación hoteleira na cidade. Esperánse máis de un milleiro de pernoctación e a ocupación hoteleira ronda o 100% no día previo a volta.

En paralelo ao desenvolvemento da volta, realizaranse diversas actividades. Así  haberá un evento deportivo para os rapaces chamado a “Vuelta Junior” e o  Pazo da Cultura vai acoller un Espectáculo no que teñen cabida dende rapaces de 3 anos ata mozos e mozas de ata 18 anos. Será completamente gratuíto e estará aberto entre as 18.00 e as 21.00 horas.

31/08/2011

Visit Pontevedra