Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra Virtual Tour




A Concellería de Turismo pon en marcha un "Tour Virtual 360" polo Centro Histórico de Pontevedra.

Visitar a Zona Monumental de Pontevedra é máis fácil que nunca. Xa nin sequera será necesario desprazarse á cidade. Bastará con premer o botón de clic na da web turística www.visit-pontevedra.com no enderezo: http://www.visit-pontevedra.com/panorama/

O concelleiro de Turismo, Julio Castela Martínez, presentou o venres día 10 de junio, este ambicioso proxecto, un dos últimos cos que culmina o seu paso pola Concellería. O “tour” está alimentado con imaxes en alta resolución onde o usuario pode facer zoom e virar ata 360 graos e percorrer as principais prazas e monumentos de Pontevedra.

Pero a iniciativa non estará só dispoñible na Internet, senón que tamén pode gozarse na sede de Pontevedra, en modo local, a través dunha pantalla táctil. Ademais, inclúese unha aplicación para porto USB, polo que será “exportable” a feiras e congresos e todo tipo de actos de promoción turística da cidade.

As tres versións están alimentadas por 30 xigaimaxes a 360 graos cunha resolución de 300 puntos por polgada. Permiten zoom x4. Hai que destacar a dificultade de sacar panoramas nun centro histórico, onde moitas veces a distancia entre elementos é moi reducida, obrigando a utilizar ópticas angulares moi acusadas. As imaxes contan con animacións asociadas aos campos de información.

Julio Castela destacou que xunto co “tour” o Concello pasa tamén a ser o titular dos dereitos das imaxes, que poden utilizarse para imprenta (en formato 300 puntos) como para a Internet (en formato 72 puntos). Deste xeito, Turismo de Pontevedra inicia un “book” ou banco de medias ao dispor de imaxes panorámicas de alta calidade, e de versións das mesmas para usar para o deseño de folletos e para a Internet. No caso das imaxes impresas, ao tratarse de xigapanoramas dunha resolución tan alta, mesmo é posible a realización de “foto-walls” de 30x15 metros.
Visit Pontevedra