Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra Monumental Accesible




A Concellería de Turismo aposta pola accesibilidade coa edición dunha guía do Centro Histórico

O Centro Histórico conta, dende hoxe, cunha guía que ten moi en conta ás persoas con discapacidade. Nace así "Pontevedra Monumental Accesible", unha iniciativa da Concellería de Turismo que pretende ser unha aposta pola igualdade e unha invitación para coñecer a cidade a todas aquelas persoas que teñan problemas de mobilidade reducida.

Guía de Pontevedra Monumental Accesible anverso
Guía de Pontevedra Monumental Accesible reverso

"Pontevedra Monumental Accesible" é unha proposta que invita a moverse libremente por un percorrido sinxelo para todos e libre de barreiras arquitectónicas, recalca o concelleiro Julio Castela. É tamén o resultado dunha aposta política para ir incorporando todos os servizos e recursos para que as persoas que posúan autonomía limitada poidan manexarse con facilidade e sentirse seguras, engade.

O documento, editado en formato de folleto, tivo unha tiraxe de 5.000 exemplares e comezará a repartirse dende hoxe na Casa do Turista e noutros puntos de información turística da cidade.

Julio Castela presentou hoxe a iniciativa acompañado de Paulo Fontán, presidente da Asociación de Persoas con Discapacidade da comarca de Pontevedra "Amizade", e de José Manuel Cabada, presidente da entidade "Accesibilidade para todos e turismo para todos" (Acturaccia), colaboradores imprescindibles para a súa publicación.

"Pontevedra Monumental Accesible" é produto dun traballo de campo exhaustivo no que se realizou unha diagnose da accesibilidade en todos os recunchos do Centro Histórico, pero tamén nas zonas máis próximas da parte nova da cidade, así como das empresas do sector hostaleiro.

A Concellería de Turismo pretende coa edición desta guía facer unha achega, dentro do ámbito turístico, á mellora da accesibilidade. Así mesmo, preténdese dinamizar ao tecido empresarial do sector turístico e espertar a sensibilidade necesaria para traballar en conxunto a prol do turismo para todos e todas.

O concepto de turismo accesible baséase no principio de que o turismo é un dereito social, fundamental para todos/as; o dereito á igualdade de oportunidades, á non discriminación e á integración social en todas as actividades da vida. A accesibilidade entendida como a eliminación dos obstáculos e das barreiras que se poidan dar no transporte, no contorno, nas instalacións e servizos turísticos, e que garante este dereito ás persoas que teñen limitada a súa mobilidade ou comunicación por razóns temporais: lesións ou traumatismos, avanzado estado de xestación, persoas maiores, persoas con vultos ou maletas..., ou por razóns permanentes: persoas con mobilidade reducida, persoas con cegueira ou problemas de visión, persoas con problemas de audición ou persoas con discapacidade intelectual.

A idea do turismo para todos/as non trata de crear situacións especiais ou produtos deseñados só para as persoas con certas discapacidades, senón de asegurar que os produtos, servizos e contornos turísticos son creados e deseñados para satisfacer a un maior número de clientes, respectando o feito de que cada cliente é único.

Calquera actividade ou empresa turística debería aplicar este concepto "automaticamente", porque as compañías tratan de alcanzar o número óptimo de clientes e porque as empresas turísticas basean o seu éxito principalmente nas súas habilidades para satisfacer as necesidades individuais dos clientes.

O turismo para todos é unha oportunidade de negocio que xera rendibilidade económica. Resalta a imaxe de calidade do destino e repercute positivamente na desestacionalización da demanda. É un segmento de mercado que está a crecer debidos aos cambios sociodemográficos que se están a producir na nosa sociedade.

Calcúlase que en toda Europa hai 50 millóns de discapacitados que son, como recalcou José Manuel Cabada, un público potencial para o mercado turístico.
Visit Pontevedra