Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra Tapas e Pontevedra Noite xeran máis de 91.000 euros




Máis de 60 establecementos de restauración participaron nesta iniciativa de Visit Pontevedra.

Un total de 27.950 tapas e 2.160 cócteles vendidos é o balanzo final dos certames Pontevedra Tapas e Pontevedra Noite, celebrados na cidade entre os pasados 25 de marzo e 3 de abril. As cifras foron proporcionadas hoxe durante o acto no que se deu a coñecer a identidade dos  establecementos e dos clientes gañadores dos distintos premios dos dous eventos.
O concelleiro de Turismo, Julio Castela Martínez, presidiu o reconto dos votos e o sorteo para elixir os clientes premiados, celebrado ante notario, e ofreceu tamén os datos económicos, que elevan o impacto económico destas dúas iniciativas a 91.410 euros, repartidos entre os 83.850 euros xerados polo concurso de tapas e os 7.560 euros do de cócteles.
O edil destacou a repercusión social destes eventos, que mesmo trascenderon de Pontevedra e a súa comarca, ao comprobarse a chegada de público doutras vilas e cidades galegas, cunha especial incidencia durante as dúas fins de semana coincidentes coa iniciativa municipal. Ao tempo, Castela lembrou que o concurso de tapas celebraba a súa segunda edición (o de cócteles estreábase este ano) cunha progresión moi positiva nas cifras. Lembrou que a primeira edición saldouse con 20.000 tapas vendidas e unha repercusión económica de 60.000 euros, polo que incremento foi dun 40% respecto da pasada edición.
Visit Pontevedra