Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Presentamos a nova plataforma de intermediación turística

Comezará a funcionar o próximo 1 de Abril cos hoteis da cidade.

A empresa pública municipal “Turismo de Pontevedra S.A.”, coa colaboración da Asociación de Hoteis de Pontevedra, porá en marcha a partir do  próximo 1 de abril unha Plataforma de Intermediación Turística e promoción dos hoteis do municipio na que será posible contratar estancias. O concelleiro de Turismo, Julio Castela Martínez, presentou hoxe esta novidade aos empresarios do sector.
A través desta plataforma en liña, inserida na web www.visit-pontevedra.com, os hoteis ofer-tarán os seus produtos e promocións. Ao mesmo tempo, os visitantes poderán acceder aos contidos habituais da web turística municipal e obter información sobre os recursos turísticos do municipio ou das actividades que se están a desenvolver.

A web municipal, creada en 2008, está a experimentar un crecemento constante e situouse xa por enriba doutros portais de referencia na promoción turística de Galicia, acadando máis de 15.000 accesos mensuais.

A Concellería de Turismo deseñou esta nova Plataforma de Intermediación á medida dos ho-teis asociados á iniciativa. Creouse como unha ferramenta que permitirá enlazar aos potenciais visitantes cos hoteis de Pontevedra a través dun simple clic, facilitando así a posta en contacto entre os clientes e os provedores de servizos. A reserva de praza implica que o sistema envía automaticamente senllos correos electrónicos ao cliente, ao hotel e á empresa municipal de turismo. Os hoteleiros disporán dun panel para introducir as súas ofertas e mantela permanentemente actualizada. Ao mesmo tempo, a Plataforma ofrecerá non só información sobre cada hotel e fotografías, senón tamén un vídeo en HD co que é posible coñecer a fondo as instalacións.

Todos os hoteis adheridos á Asociación de Hoteleiros de Pontevedra forman parte da iniciati-va. Julio Castela indicou que todo o mundo pode entrar, previa afiliación á asociación, se-guindo así a política municipal de fomentar a colaboración público-privada incentivando a creación de interlocutores representativos nos diferentes sectores.

En opinión de Julio Castela, a industria turística atópase nun continuo proceso de cambio e Pontevedra non pode quedar atrás. Internet e a plataforma “on line” son xa o presente, non o futuro. O sector do turismo é especialmente sensible aos avances nas Tecnoloxías da Informa-ción e a Comunicación (TIC). Trátase, engade Castela, dunha actividade interterritorial que promociona actividades ofrecidas lonxe do lugar onde se atopa o cliente. E ademais, a indus-tria turística está especialmente relacionada co lecer, polo que precisa dunha promoción activa baseada en medios audiovisuais que resulten atractivos.

Sete de cada 10 turistas buscan información na Internet para programar as súas viaxes. Xa no ano 2000 a compra de paquetes turísticos pola Internet en España atopábase no terceiro posto de produtos de venda na rede e esta tendencia non fixo outra cousa que aumentar

30/03/2011

Reserva ahora / Book now
Visit Pontevedra