Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

"Pontevedra Visit Card" bota a andar con 60 estabelecementos asociados




Un total de 60 establecementos comerciais, de lecer e culturais da cidade sumáronse a esta iniciativa.

Esta iniciativa foi impulsada polo concelleiro de Turismo, Julio Castela, a través da empresa municipal Turismo de Pontevedra.

Trátase dunha cifra inicial que supera amplamente as expectativas, dado que o estudo previo indicaba que xa era posible lanzala con 20 asociados. A tarxeta, a segunda de Galicia destas características, comezará a funcionar durante o próximo mes.

Por sectores, os asociados quedaron agrupados nas categorías de hoteis; cultura e lecer; compras; lecer nocturno; coidado persoal; comer, cear e picar; servizos e transportes. Entre as novidades figura a entrada de empresas como Autobuses Viuda de Cándido, Radio Taxi de Pontevedra e o servizo de barco ás praias que empeza a funcionar este verán, “Latitude 42N”. Está tamén na relación o tren turístico e oito hoteis (entre eles os principais da cidade). Tamén é posible obter importantes descontos no lecer nocturno a causa da entrada de seis locais moi coñecidos na noite pontevedresa. Tamén será posible ir á perruquería ou relaxarse no “Spabilate”. No que atinxe aos servizos figura unha axencia de seguros, unha xestoría-asesoría, unha tenda de informática e mesmo unha perruquería de mascotas. Finalmente, no que se refire ás compras hai dende tendas de moda a artesanía, pasando por alimentación ou locais especializados en óptica ou en buceo. Os descontos dispoñibles oscilan entre o 5% e o 30%, pero tamén hai outro tipo de vantaxes como ofertas de segunda copa gratis ou servizos adicionais, por exemplo os dispoñibles nos hoteis.

Para dar conta de todo elo publicouse un folleto despregable. Por un lado hai un rueiro da cidade, no que se sitúan as iconas dos distintos estabelecementos asociados. Na outra cara figura a relación de todos os asociados agrupados por sectores, así como a dirección e a oferta que realizan. O folleto entregarase xunto coa tarxeta no momento da compra que, nunha primeira fase, só poderá facerse na Casa do Turista. Haberá tamén un díptico informativo para promocionar o servizo.

A tarxeta conta cun microchip e deberá ser activada no momento da súa adquisición. É reutilizable 10.000 veces, polo que pode ser recargada polos compradores.

Os prezos finais da tarxeta, que foron pactados cos asociados, son os seguintes:

Tarxetas individuais:

12 euros, tarxeta de 24 horas; 15 euros para a tarxeta de 48 horas e 18 euros para a tarxeta de 72 horas.

Tarxetas familiares (para proxenitores e ata tres fillos):

21 euros, tarxeta de 24 horas; 23 euros, tarxeta de 48 horas e 25 euros a tarxeta de 72 horas.

O concelleiro Castela anticipou que prepara unha campaña de promoción da tarxeta e presenza en todas as campañas que se fagan fóra de Pontevedra. Na primeira tiraxe sácanse á rúa un total de 500 tarxetas. A campaña inclúe tamén a publicación de 1.000 carteis, 1.000 dípticos e 100 pegatinas identificadoras.

Castela Martínez está moi satisfeito cos resultados desta primeira fase, xa que tanto o número de establecementos como os descontos ofertados son moi positivos e se superaron as expectativas, confirmando así que as iniciativas de promoción turística da cidade dende a colaboración público-privada son sempre acertadas. Na súa opinión, o nacemento da tarxeta servirá para crear novos circuítos de compras na cidade e para que se coñeza tamén moito mellor a oferta pontevedresa nos eidos comercial, cultural e de lecer. Engadiu que trátase dunha tarxeta moi rendible e que en pouco tempo converterase noutro símbolo máis da política turística da cidade.

A empresa municipal de Turismo entregará aos comercios adheridos un lector de tarxetas, un programa informático para xestionar o aparello e unha pegatina identificadora do comercio para situar no escaparate. Os próximos locais en apuntarse terán que adquirir o lector de tarxetas.

Máis información na web www.pontevedra-visitcard.com o en Pontevedra VisitCard

30/03/2011

Visit Pontevedra