Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

II Edición de "Pontevedra Tapas"




Tralo éxito da primeira edición, o novo certame de tapas tentará superar as máis de 20.000 tapas despachadas na anterior edición.

Do 25 de Marzo ao 3 de Abril volve a Pontevedra o certame "Pontevedra Tapas", o concurso de tapas impulsado por Turismo de Pontevedra co obxectivo de potenciar e dar a coñecer o potencial gastronómico de Pontevedra en pequeno formato.Tralo grandísimo éxito da primeira edición, na que se repartiron máis de 20.000 tapas e cunha caixa conxunta que rondou os 60.000 euros entre todos os establecementos participantes, a organización desta segunda edición era un clamor tanto popular coma dos propios profesionais da hostalería.

A diferenza da primeira edición, esta vez os participantes concursarán cunha única tapa, que deben definir no momento da inscrición. A tapa pode estar realizada ao xeito tradicional ou ofrecendo unha cociña de novas tendencias, pero mantendo a obrigatoriedade da utilización de produtos e materias primas de calidade da nosa gastronomía. Tamén se mantén e o prezo máximo estándar por tapa de 1,50 euros sen incluír a bebida e a necesidade imposta aos establecementos de que durante os 10 días que dure o concurso, deberán ter exposta ao público a tapa coa que participan e tela dispoñible en cantidade suficiente en horario de 11:30 a 16:00 e de 19:30 a 23:30

Nesta nova edición de Pontevedra Tapas os premios para os participantes vense tanto mellorados como incrementados:
  • 1º premio una viaxe a Canarias
  • 2º premio estancia dunha fin de semana para dúas persoas nun Balneario
  • 3º premio estancia dunha fin de semana para dúas persoas nun Balneario
  • 4º premio unha cesta de produtos galegos
  • 5º premio unha cesta de produtos delicatessen
  • 6º premio unha cea para 4 persoas
  • 7º premio unha cea para 4 persoas
  • 8º premio cesta de embutidos
  • 9º premio lote de ibéricos

O custo da inscrición mantense en 80 euros por establecemento participante e novamente serán estes cartos da inscrición os que se sufragarán os premios.

A organización agardaba aumentar os 26 establecementos participantes da anterior edición do concurso. Este obxectivo cumpriuse amplamente posto que finalmente son 43 os establecementos participantes:

1. Abarrotes Slow Food 23. La Ibense I
2. A Casa da Oliva 24. La Ibense II
3. Almoro 25. La Ibense III
4. A Maquía 26. La Tienda de Clara
5. Adega dos Avós 27. Livingstone
6. Allo e Aceite 28. Loaira
7. Bachata 29. Los Castellanos
8. Barbol 30. Pintxoviños
9. Blanco y Negro 31. Ponte Tapas
10. Café Bar Fittus 32. PTV
11. Café Central 33. Quiosco Coffee Lounge
12. Cafetería Mónica 34. Restaurante BC7
13. Café Platino 35. Restaurante Carmiña
14. Casa Verdún 36. Restaurante Hotel Madrid
15. Cervecería Que 37. Restaurante La Cámara
16. El Aleph 38. Restaurante Náutico
17. El Cafetín 39. Tapería A Lareira
18. Hotel Boa Vila 40. Tapería A Trigueira
19. Il Buon Mangiare 41. Tapería Gloria
20. Mariscos Cáncamo 42. Tapería Veracruz
21. La Camorra 43. Vetula Ponte
22. La Fuga de Blas  


Rueiro Tapas

Get flash to see this player.



Visit Pontevedra