Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Premios Agaxet




Pontevedra acolle este mércores a XIII Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

Pontevedra segue a ser a sede do único evento en Galicia que reúne a todos os sectores empresariais relacionados coa industria turística. A XIII edición da Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrarase este próximo mércores, día 2 de marzo, no auditorio de Novacaixagalicia. O Concello de Pontevedra, a través da Concellería de Turismo, é o principal patrocinador do certame que organiza o grupo Hostelería Galega&Turismo e conta co apoio da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (Agaxet).

O concelleiro Julio Castela destacou a importancia de apostar pola celebración deste tipo de eventos en Pontevedra dentro da estratexia municipal de potenciar o turismo e a difusión da cidade. Por iso amosouse encantado de que boa parte das mellores empresas e profesionais galegos estean en Pontevedra por unhas horas para recoñecer o labor dos que teñen destacado durante o 2010.

Guillermo Campos, máximo responsable da organización, confirmou hoxe que o ministro de Fomento, José Blanco, estará presente na gala toda vez que o Ministerio está nomeado na categoría de Promoción e Conservación do Patrimonio.

Campos puxo o acento no mérito do feito estaren nomeado, pois en cada unha das oito categorías chegaron a barallarse máis de 100 candidatos e, finalmente, os galardoados serán o produto dunha votación final entre os membros do xurado.

No transcurso da gala, que estará presentada por Xosé Manuel Piñeiro, procederase á entrega dos diplomas ao podio do XI Campionato Galego de Cociñeiros, celebrado recentemente en Ferrol, e dos premios HG&T Agaxet e as medallas Dagda, que recoñecen aos mellores profesionais, empresas e iniciativas do sector do ano 2010.

Os finalistas son:

Categoría Accións de Promoción, no apartado de Iniciativa pública: Turismo Rías Baixas, Turismo de A Coruña, Concello de Poio e a Cámara Municipal de Monçao. Iniciativa privada: Marqués de Vizhoja, Asociación Bodegas do Ribeiro de Avia e Menú Xacobeo Club Rías Altas.

Categoría I+D e Formación: Proxecto de zonificación da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Proxecto sobre a idoneidade do carballo galego para a crianza de viños, Anfaco, IES Fragas do Eume e Aula Portomuíños.

Categoría Promoción e conservación do Patrimonio: Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte, Ministerio de Fomento e Asociación Cultural Meiro-Millo Corvo de Bueu.

Categoría Divulgación e Imaxe intersectorial: Pazos de Galicia, Hospedería San Giraldo de Aurillac, Galicia para el Mundo, Mancomunidade Turística do Salnés.

Categoría Proxectos empresariais e profesionais: Empresas: Grupo Calvo, Carrís Hoteis, Hotel Quinta da Auga, Hotel Nagari. Profesionais: Miguel Conde, Luis Gurriarán, Nacho Costoya, Elicio Magallanes.

Categoría Oferta de equipamentos: Cooperativa de Hostelería de A Coruña, Distribucións Morandeira, Distribucións Monteverde, Gerlo.

Categoría Produto do ano: Mariscos Laureano, A Rosaleira, Albariño Pazo Baión e Feiraco.

Categoría Prato do Ano: Cocido do restaurante Cabanas, Congrio en conserva de La Pureza, Sopa de castaña con roliños de outono do restaurante a Rexidora ou Langostinos en tempura, da taberna Bagos.

Ademais, durante a gala darase un Dagda extraordinario ao Salón Internacional do Cloub de Gourmets, polo seu recente 25º aniversario.
Visit Pontevedra