Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Volve Pontevedra Tapas




A Concellería de Turismo e Visit-Pontevedra anuncian a segunda edición do concurso gastronómico de tapas "Pontevedra Tapas"

Do 25 de Marzo ao 3 de Abril volve a Pontevedra o certame "Pontevedra Tapas", o concurso de tapas impulsado por Turismo de Pontevedra co obxectivo de potenciar e dar a coñecer o potencial gastronómico da cidade na súa mínima expresión. Tralo grandísimo éxito da primeira edición, na que se repartiron máis de 20.000 tapas e cunha caixa conxunta que rondou os 60.000 euros entre todos os establecementos participantes, a organización desta segunda edición era un clamor tanto popular coma dos propios profesionais da hostelería.

A diferencia da primeira edición, esta vez os participantes concursarán cunha única tapa, que deben definir no momento da inscrición. A tapa pode estar realizada ao xeito tradicional ou ofrecendo unha cociña de novas tendencias, pero mantendo a obligatoriedade da utilización de produtos e materias primas de calidade da nosa gastronomía. Tamén se mantén e o prezo máximo estándar por tapa de 1,50 euros sen incluír a bebida e a necesidade imposta aos establecementos de que durante os 10 días que dure o concurso, deberán ter exposta ao público a tapa coa que participan e tela dispoñible en cantidade suficiente.
Os premios tanto para establecementos como para participantes serán mellor, comparandos coa primeira edición.

Igual que na primeira edición, este certame está aberto a todos os establecementos de hostelería do ámbito de Pontevedra que queiran participar. Os formularios de inscripción tamén están dispoñibles na páxina web: www.visit-pontevedra.com e na Casa da Luz (Praza da Verdura, s/n) en horario de 9:30 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 de luns a sábado, de 10:00 a 14:00 o domingo, ou no teléfono 619 956 140. O prazo de inscripción vai do 22 de febreiro ao 8 de Marzo. O custo da inscripción mantense en 80 euros por establecemento participante e novamente serán estes cartos da inscripción os que se sufragarán os premios.

A organización agarda aumentar os 26 establecementos participantes da anterior edición do concurso e tamén o número de tapas despachadas para lograr a consolidación do certame como un referente na cidade e na bisbarra.
Visit Pontevedra