Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra VisitCard




A tarxeta turística de Pontevedra botará a andar con descontos nun mínimo de 40 establecementos

Pontevedra, 16 de febreiro de 2011

A tarxeta turística de descontos "Pontevedra VisitCard" nace con éxito de participación dos empresarios pontevedreses garantido. Un total de 40 establecementos comerciais, de lecer e culturais sumáronse a esta iniciativa, impulsada polo concelleiro de Turismo, Julio Castela, a través da empresa municipal Turismo de Pontevedra.

Na relación hai hoteis, tendas de alimentación, moda, deportes náuticos, artesanía, perruquerí-as (incluíndo unha canina), un balneario, unha asesoría, centros de formación e seguros, unha tenda de informática, taperías, restaurantes, cafeterías, pubs e mesmo o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais. Cada un deles oferta diferentes e atractivos descontos nos seus servizos para os clientes titulares da tarxeta.

Julio Castela celebrou hoxe unha xuntanza cos empresarios interesados que serviu, entre outras cousas, para pactar os prezos iniciais da tarxeta que serán os seguintes:

Tarxetas individuais:
12 euros, tarxeta de 24 horas; 15 euros para a tarxeta de 48 horas e 18 euros para a tarxeta de 72 horas.

Tarxetas familiares (para proxenitores e ata tres fillos):
21 euros, tarxeta de 24 horas; 23 euros, tarxeta de 48 horas e 25 euros a tarxeta de 72 horas.

O concelleiro anticipou que prepara unha campaña de promoción da tarxeta, que incluirá os dípticos de información sobre os comercios adheridos, cartelería específica e presenza en todas as campañas que se fagan fóra de Pontevedra. A idea é que a tarxeta poda empezar a funcionar cara o mes próximo e se vaia consolidando para converterse nunha peza definitiva da política turística da cidade.

Castela Martínez está moi satisfeito cos resultados desta fase previa, xa que tanto o número de establecementos como os descontos ofertados son moi positivos e se superaron as expectativas, confirmando así que as iniciativas de promoción turística da cidade dende a colaboración público-privada son sempre acertadas. Na súa opinión, o nacemento da tarxeta servirá para crear novos circuítos de compras na cidade e para que se coñeza tamén moito mellor a oferta pontevedresa nos eidos comercial, cultural e de lecer.

A primeira tiraxe será de 500 tarxetas e irá ampliándose en función da demanda. Ao mesmo tempo, agárdase que máis empresarios se vaian adherindo, aínda que, recalcou Julio Castela, coa oferta existente a tarxeta xa é competitiva e garante a súa rendibilidade para todo aquel que a adquira. Inicialmente, haberá que mercala e activala na Casa do Turista, pero no futuro pode tamén pensarse na posibilidade de ampliar os puntos de venta.

Máis información na web www.pontevedra-visitcard.com
Visit Pontevedra