Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra acollerá a "vuelta 2011"




Pontevedra será o epicentro da loxística da Vuelta Ciclista  do  31 de agosto ao 1 de setembro

O concelleiro de Turismo Julio Castela Martínez mantivo o pasado fin de semana unha xuntanza de traballo no stand da empresa municipal "Turismo de Pontevedra" en Fitur, na que se confirmou que todo o grupo humano que compón a Vuelta Ciclista a España, composto por unhas 1.500 persoas, pernoctará en Pontevedra durante dous días, máis un terceiro cunha representación parcial. E aínda queda aberta a posibilidade dunha cuarta noite tamén cun número máis reducido.

Castela obtivo estes datos despois de falar con Javier Guillén e María Ángeles Fernández, director e responsable de Unipublic, empresa encargada da organización da proba deportiva.

Así as cousas, Pontevedra será o epicentro da loxística da Vuelta Ciclista durante as xornadas dos próximos 31 de agosto e 1 de setembro. Segundo os datos de Unipublic, a chegada das 1.500 persoas suporá un impacto económico na cidade duns 250.000 euros diarios, tendo en conta o gasto xerado e a proxección da imaxe da cidade.

As primeiras persoas empezarán a chegar á cidade o 30 de agosto, que coincide coa primeira xornada de descanso da rolda ciclista, polo que o número será inferior e todavía por determinar. Asimesmo, pero aínda por confirmar, barállase que algunha das persoas que forman parte da loxística da proba pernocten tamén en Pontevedra durante o día 2 de setembro.

Julio Castela está moi satisfeito co resultado da xuntanza e considera que a aposta pola Vuelta Ciclista a España vai ser moi rentable en termos de espallamento da imaxe de Pontevedra como destino turístico, obxectivo principal polo cal o Concello chegou a un acordo para converterse en chegada e saída de etapa, o que supón un investimento municipal de 100.000 euros.

Por outra banda, o concelleiro de Turismo falou das dificultades que terá a cidade, que conta cunha planta hoteleira dunhas 900 prazas, para acoller toda a demanda que xera a Volta. Castela pediu expresamente a Guillén que a súa empresa procure que se ocupen todas as vacantes, con independencia da categoría dos estabelecementos hoteleiros, dado que Pontevedra dispón de varios hoteis dunha estrela que ofrecen unha moi boa calidade. Mesmo barallouse a posibilidade de que participen tamén algunhas das pensións pontevedresas. O concelleiro reclamou, finalmente, que a demanda excedente e que non poda cubrirse en Pontevedra se reparta polos concellos que forman parte da mancomunidade turística Terras de Pontevedra, esto é Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa, Barro e Cotobade.

Dentro de dúas semanas celebrarase unha nova xuntanza en Pontevedra, na que terá tamén participación a axencia de viaxes oficial da Vuelta a España, para pechar os últimos detalles.
Visit Pontevedra