Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Mais de 22.000 persoas na vila de Inverno




NADAL SNOW xera un movemento económico de mais de medio millón de euros.

O importe total dos tiques presentados foi de 502.757 euros e en total pasaron pola "vila de inverno" da praza da Ferrería 22.461 persoas. A asistencia foi moi alta case durante todo o período de apertura, pero acentuóuse nas xornadas posteriores ao día 1. O día 2 foi o pico máis alto porque nesa única xornada acadaronse os 3.117 clientes e los 73.347 euros.

Por actividades, o gran trunfador foi o tiovivo cun total de 15.363 usuarios, seguido da rampla de snow con 3.781 e, moi cerca, a carpa de actividades, con 3.317. Aínda que hai que facer notar que a rampla, ao ser de uso individual e estar pechada algúns días por mor da choiva, non pode competir co tiovivo.

A principal singulariadade foi a interrelación que conseguida entre a creación dun ambiente navideño no centro coa dinamización comercial, pois o acceso estaba condicionado á presentación dun tique de compra en calquera establecemento comercial da cidade por un importe mínimo de 6 euros. Neste sentido, Julio Castela, concelleiro de turismo afirma: Estivemos pensando varias fórmulas e optamos pola presentación dos tiques de compra como billete de entrada ao recinto. Pensamos que é unha fórmula moito máis axeitada que o cobro dunha entrada.

O proxecto implica tamén a colaboración entre as concellerías de Turismo e de Actividade Económica, e tamén cós axentes económicos da cidades.

Outro dos activos de Nadal Snow é a colaboración público-privada. O Concello, como principal soporte do proxecto, viu con moi bos ollos que se incorporaran tamén as organizacións comerciais como Aempe, a Cámara e a Zona Monumental, pero tamén un amplo listado de empresas capitaneadas por Novacaixagalicia e no que tamén hai firmas pontevedresas e outras que operan na cidade.

A empresa municipal de turismo ten como un dos seus principais obxectivos a incentivación deste tipo de colaboracións público-privadas que por un lado proporcionan proxectos máis maduros e por outra involucran aos distintos sectores relacionados co comercio e o turismo en proxectos de cidade. O seu responsable, o concelleiro, Julio Castela entende que acertamos plenamente convertindo a praza da Ferrería nun gran centro de lecer, nunha referencia para a animación e a dinamización da cidade. A Ferrería pola súa céntrica situación, o seu carácter neurálxico, é un espazo idóneo para esta actividade. O recente festival Pontevedra Tapas foi unha boa demostración de que estamos no bo camiño e o Nadal Snow estaba asentado sobre os mesmos principios, aínda que os resultados finais foron moito mellores do agardado.

07/01/2011

Visit Pontevedra