Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Éxito de Público do “Nadal Snow”




A proposta de lecer Nadal Snow segue a superar as previsións máis optimistas.

A proposta de lecer na praza da Ferrería organizada polo Concello coa colaboración das entidades comerciais da cidade e case unha trintena de patrocinadores privados segue a superar as previsións máis optimistas. "Nadal Snow", unha iniciativa impulsada polas concellerías de Actividade Económica e Turismo, recibiu ata o día de onte, mércores, a visita de máis de 12.500 persoas e xerou un movemento económico que xa supera os 260.000 euros.

O acceso á "vila de inverno" instalada na Ferrería está condicionado á presentación dun tique de compra en calquera estabelecemento pontevedrés cun importe mínimo de 6 euros. Os datos dispoñibles indican que os tiques teñen importes moi variados, pero segue a sorprender o nú-mero dos que superan os 50 euros, por enriba do que se tiña calculado nun principio.

A afluencia media diaria está por enriba das 1.000 persoas e a afluencia incrementouse notablemente durante esta semana, na que o cheo total é a nota característica da "vila de inverno" da Ferrería. Esta circunstancia coincide co período máis intenso de compras de Nadal. Na xornada do mércores, a organización contabilizou 2.050 clientes, que achegaron tiques por valor de 53.281 euros.

A rampla de snow, o tiovivo e a carpa de actividades para os nenos seguen a ser as actividades máis demandadas. "Nadal Snow" abriu as súas portas na tarde do pasado venres, día 17, e permanecerá aberto ata a tarde do próximo 4 de xaneiro cun amplo horario que vai das 11 ás 22 horas.
O concelleiro de Turismo, Julio Castela, subliña a colaboración de todas as asociacións e entidades comerciais e empresarias da cidade, así como a presenza de case 30 patrocinadores, nun claro exemplo de colaboración público-privada para a promoción turística e comercial da cidade, estratexia especialmente importante en todas as actividades nas que está relacionada a empresa municipal de Turismo.
Visit Pontevedra