Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Nadal Snow: primeiros resultados




Nadal Snow recibiu case 4.000 visitantes e xerou un movemento económico na cidade de 51.826 euros

A proposta de lecer na Ferrería organizada polo Concello coa colaboración das entidades comerciais da cidade e case unha trintena de patrocinadores privados superou todas as expectativas. "Nadal Snow", unha iniciativa impulsada polas concellerías de Actividade Económica e Turismo, recibiu a visita de 3.733 persoas durante a súa primeira fin de semana e xerou un movemento económico de 51.826 euros.

O concelleiro de Turismo, Julio Castela Martínez, está moi satisfeito cos primeiros datos de "Nadal Snow", que converten á praza da Ferrería no epicentro da oferta lúdica e comercial do centro urbano. O concelleiro subliña que foi todo un acerto esixir que para o acceso ao recinto sexa preciso presentar un tique de compra en calquera estabelecemento pontevedrés cun importe mínimo de 6 euros, porque deste xeito acádase unha perfecta combinación entre a dinamización social e económica da cidade.

Os datos dispoñibles indican que os tiques teñen importes moi variados, pero está a sorprender o número dos que superan os 50 euros, moi por enriba do que se tiña calculado nun principio. Asemade, engade Julio Castela, comprobouse que unha parte do público que chega ao recinto fai compras ex profeso despois de coñecer directamente as condicións para o acceso ás atraccións da praza. O responsable de Turismo indica que aínda que non hai datos pechados estase a comprobar a asistencia de persoas procedentes de toda a comarca, confirmando así o poder de atracción que esta iniciativa está a xerar na área de influencia de Pontevedra.

En canto ás actividades preferidas polo público destacan a rampla de neve artificial e o tiovivo, pero chama tamén a atención o grao de aceptación que está a ter a carpa de actividades para os máis cativos, así como outras propostas como as bicicletas estáticas solidarias que iluminan a árbore de Nadal e contribúen a doar 10 céntimos a entidades solidarias por cada Km pedaleado.

"Nadal Snow" abriu as súas portas na tarde do pasado venres e permanecerá aberto ata a tarde do próximo 4 de xaneiro cun amplo horario que vai das 11 ás 22 horas.

O concelleiro de Turismo subliña a colaboración de todas as asociacións e entidades comerciais e empresarias da cidade, así como a presenza de case 30 patrocinadores, nun claro exemplo de colaboración público-privada para a promoción turística e comercial da cidade, estratexia especialmente importante en todas as actividades nas que está relacionada a empresa municipal de Turismo.
Visit Pontevedra